¿CÓMO NOS VEN? | Luis Timiraos: “Amancio, Fran e Luis Suárez, tres dos mellores do fútbol español, son canteiráns do Dépor”
lll
17º-23º

¿CÓMO NOS VEN? | Luis Timiraos: “Amancio, Fran e Luis Suárez, tres dos mellores do fútbol español, son canteiráns do Dépor”

O xornalista da TVG fala do Deportivo e das súas lembranzas persoais e profesionais
¿CÓMO NOS VEN? | Luis Timiraos: “Amancio, Fran e Luis Suárez, tres dos mellores do fútbol español, son canteiráns do Dépor”
Luis Timiraos.

Usuario

Leva contando a historia do Deportivo dende hai anos e viviu o mellor e o peor dos anos dos branquiazuis. Dende as bágoas polo penalti errado de Djukic ata as históricas remontadas de Champions. Luis Timiraos, xornalista da CRTVG, repasa a traxectoria pasada e recente do Deportivo e mostra fachenda pola aposta que o club semella facer de xeito firme pola canteira deportivista.

 

Cantas lembranzas garda sobre o Deportivo e a cidade?
Moitísimas, sempre dun modo ou doutro estiven vencellado a Coruña. Regaláronme a miña primeira equipación moi novo, tería catro ou cinco anos e levaba o catro de Manolete. Cheguei a coñecelo e fíxome moitísima ilusión porque é unha grandísima persoa. Un ‘bo e xeneroso’ como di o himno. E despois cando fun estudiar a Madrid a relación seguía e ía ver cando xogaba o Compos, o Madrid, o Celta, o Lugo... Tentaba ir a todos os partidos dos equipos galegos. Na época na que eu estaba estudando o capitán do Deportivo, Cayetano, era da miña cidade, de Viveiro e con él tiña moi boa relación. 

 

Hai algunha que recorde especialmente?
Lembro que despois de moitos anos nos que o Dépor xogaba en Segunda ou baixaba a Terceira chegou o ano 83 e ese partido co Raio Vallecano, no que este non se xogaba nada e a nós servíanos o empate para ascender. Había en Coruña unha festa preparada tremenda e o final non se puido ascender. Despois dese encontro lémbrome que marcharon a Mallorca García Giménez e Izquierdo e Benito fichou polo Cádiz. E eses dous equipos subiron ese ano en detrimento do Deportivo. Xerou certa controversia

 

E despois comeza esa relación co Dépor co seu traballo de xornalista...
Tocoume vivir a Liga que se perdeu con Djukic, pois xa estaba traballando na TVG. Tamén cubrín competicións europeas, Champions, Copa da UEFA... Foi unha honra poder facer eses partidos. 

 

O día do penalti de Djukic debeu de ser difícil traballar...
Lembro moita expectación na Coruña. A cidade estaba paralizada e ficou aínda mais paralizada o errar ese penalti. Vías grupos de xente que volvía andando e non falaban entre eles, estaban como ensimesmados. Todo o mundo, dun xeito ou doutro, tiña bágoas no seus ollos. Presentábase esa situación despois de moitos anos no inferno e nas categorías máis baixas e poder ser campión e non conseguilo foi un golpe durísimo. 

 

Tamén houbo lembranzas que paga a pena recordar...
Sí, as competicións europeas, seguramente todo iso marcado pola eliminación do Milan e a remontada histórica. Foi a maior xesta en Europa, o marxe das semifinais co Oporto. Semella que pasaron 50 anos pero a realidade e que foi hai pouco. É verdade que a xente habitouse a que iso fose algo normal, cando era totalmente anormal que un equipo coma o Dépor fixéselle fronte a todos eses dinosaurios e grandes equipos de Europa. Antes era máis difícil clasificarse que agora. Tívose a posibilidade de chegar a unha final de Champions

 

E cómo ve agora a este novo Deportivo, lonxe desa gloria europea?
Está nun proceso de reconversión, de achegarse a cima pouco a pouco, que é a Primeira División. Para iso ten que haber tranquilidade, non urxencias. Estas nunca foron boas conselleiras. O que hai é que pensar en poñer as bases para que cando o equipo chegue a Primeira poder establacerse. 
O Dépor ven de estar catro anos na lama, na Segunda B e na Primeira Federación e non é doado. Hai equipos en Segunda con bagaxe en Primeira e con orzamentos altos. E logo temos o exemplo do Mirandés, que é unha sorpresa. Dos 22 equipos de Segunda 18 xogaron en Primeira. 

 

Ve factible o plan de catro anos que plantexa o Dépor? 
O importante é ter un plan, non mudar de obxectivo a metade do camiño. Non podes subir o tercer chanzo sen pasar antes polo segundo. De ter coma meta a permanencia non podes pasar o ascenso sen asegurar primeiro a salvación. E penso que houbo momentos nos que o deportivismo e mesmo o clube puideron confundir obxectivos e non se poden misturar.

 

Non lle sorprende que haxa tanta xente nova do Dépor en Riazor, sen haber vivido a época dourada?
Moitos dos rapaces veñen da bagaxe dos seus maiores, que lles meteron o deportivismo no corpo. Gañouse algo moi importante, porque nos 80 viña o Madrid ao Teresa Herrera e os siareiros estaban divididos e agora todos son do Deportivo. Iso é unha gran fortaleza. Ademáis, renovar a tanta xente da canteira é acertado. Tres dos mellores futbolistas do fútbol español, Luis Suárez, Amancio e Fran, saíron da canteira do Deportivo. Óscar Gilsanz coñece ademáis a perfección ós xogadores novos, fixo campeón o Xuvenil e ascendeu o Fabril. O punto de partida está consolidado.

¿CÓMO NOS VEN? | Luis Timiraos: “Amancio, Fran e Luis Suárez, tres dos mellores do fútbol español, son canteiráns do Dépor”

Te puede interesar