Nova xornada, a sexta, da Conferencia Noroeste da Liga Atlántica. Desta volta tocaba xogar no campo de fútbol de Oseiro, en Arteixo, pero a choiva fixo que a organización buscase un recinto baixo teito. Atopouno en terras cullerdenses, concretamente na pista de Folgueira, en Castelo.
Alí foi onde proclamouse campión absoluto Xulio, do Campo da Feira de Paiosaco. Segundo foi Bonxe, do Chaínzos-Cadaval de Castro de Rei, e terceiro Roi, da APB da Laracha.
Na clasificación feminina si gañou o Chaínzos-Cadaval, grazas a Delia. Lucía, do Lúa e Forza de Sanxenxo, ocupou o segundo chanzo dun podio que pechou Isa, do Campo da Feira.
Entre os infantís, Abel Ponte (Campo da Feira) foi o mellor, seguido de Óscar García (Cochiqueiros de Cerceda) e de Kevin (APB), segundo e terceiro respectivamente.
Os de Paiosaco acadaron outra vitoria, na clasificación por equipos. A continuación acabou o Filloas da Coruña, e despois a APB.
A organización quere agradecer a colaboración dos Concellos de Arteixo e Culleredo.
A sétima xornada da Liga está programada para o doce de decembro, no carballés campo de Choris.