Fernando Vázquez segue atento, coma todos, a evolución da pandemia pola crise do coronavirus. Nembargantes, o adestrador considera que paralizar a Segunda B non sería bo, debido os problemas que lle causaría a clubes e xogadores ese inciso.
“Non vexo coma alternativa parar, como solución. Non sei cando ibamos a xogar... non sei se é mellor para un club. Porque se deixas de xogar, os futbolistas non van a cobrar. Ou no caso dos clubes, van a ter os mesmos recursos xogando que sen xogar? Qué significaría para os xogadores? Paran e deixan de cobrar?
A opción de parar non a vexo. ao mellor se me dan algún tipo de razonamento, é posible que estea de acordo, pero de momento non o vexo”, indicou.
Prevención
Fernando Vidal declarou nunha recente entrevista a este diario que esperaban co equipo ocupase as tres primeiras prazas por si había un parón polo coronavirus e o de Castrofeito asegurou que o seu plantel estase coidando moito para evitar contaxios. “Afortunadamente teño un equipo médico que fai un traballo extraordinario. Nese senso, conciencia ao futbolista que non ser contaminado pode dar puntos. Iso lévao o departamento médico e todos somos conscientes de que non podemos cometer ningún erro se queremos estar donde queremos estar. A situación externa dos futbolistas é moi importante neste momento. Que non teñan contacto co virus potencia de forma extraordinaria as posibilidades do Depor”, asegurou o adestrador branquiazul.
Opinión coma docente
Namentres o fútbol continúa, paran outras competicións e limítase o deporte en varios ámbitos, así como parte das actividades extraescolares dos rapaces nas escolas.
Vázquez, coma exprofesor, admite que a situación é compricada e é difícil privar os máis novos do deporte, pero entende que é unha medida meditada.
“Aceptar que a situación é compricada e temos un problema sanitario moi grave. Evidentemente, que os chavales non poidan xogar é un poco forte, pero non son experto en sanidade. Si as autoridades e a xente que sabe toma estas decisiones, a xente ten que apoiar e pensar que é beneficioso", indicou o adestrador durante a comparecencia.