O Dépor Abanca derrota ao Victoria FC de Santiago pola mínima diferenza (0-1)
lll
17º-23º

O Dépor Abanca derrota ao Victoria FC de Santiago pola mínima diferenza (0-1)

O RC Celta conquista o torneo, derrotando na final ao RC Deportivo por dous goles a cero
O Dépor Abanca derrota ao Victoria FC de Santiago pola mínima diferenza (0-1)
El DÉpor femenino con el trofeo Unindo Camiños

Usuario

O I Torneo de Fútbol Xuvenil “Unindo Camiños”, que se celebrou esta fin de semana no Campo Municipal de Santa Isabel, foi un éxito de participación e asistencia, segundo manifestou a organización do evento, a directiva do Sporting Santiago FC, cuxo presidente é Suso Miguéns. “Logo de moito esforzo e de moitos meses de traballo e xestións logramos que a celebración do torneo fose un éxito. Recibimos felicitacións dos equipos participantes e o agradecemento de moitas persoas por poñer en marcha esta iniciativa de fútbol base. Ver os rapaces xogar e competir con deportividade é unha satisfacción. Todo nos anima a iniciar os preparativos da segunda edición, sabendo que o torneo só é posible se contamos coa colaboración das institucións e as empresas, ás que reitero unha vez máis o noso enorme agradecemento”, segundo explica Miguéns.

 

 

“O torneo superou as expectativas iniciais, puidendo gozar dun vibrante derbi galego”

 

Na xornada matinal enfrontáronse en senllas semifinais o Depor e o Coruña, co resultado de 1 a 0; mentres que o Celta lle gañaba ao Sevilla por 2 a 1. Na final que se xogou pola tarde o Celta impúxose ao Depor no derbi galego por dous goles a cero anotados por Ángel Dávila e Yoel Crespo, un trunfo que os xogadores celestes celebraron con xúbilo sobre a herba e cantando o canción do Centenario do club. Entregou o trofeo ao campión o director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento desta primeira edición do certame deportivo. “O torneo superou as expectativas iniciais, puidendo gozármonos ademais dun vibrante derbi galego entre o Celta e o Dépor. O respaldo de Turismo de Galicia supón unha aposta pola mocidade e polos valores de unión entre os pobos do Camiño de Santiago”, segundo suliñou Merelles.


 

Pola súa parte, a alcaldesa de Santiago, que entregou o trofeo ao gañador do partido de fútbol feminino entre o Victoria de Santiago e o Deportivo Abanca, destacou a “altísima calidade” do torneo. “Estamos a fomentar o deporte e as actividades de fin de semana. Tamén é magnífico que competise na final de mulleres un equipo de Santiago”, engadiu Sanmartín.


 

O colofón a esta primeira edición do torneo Unindo Camiños púxoo o partido de mulleres entre o Dépor Abanca (A Coruña) e o Victoria FC (Santiago), dous equipos que militan na categoria nacional de 3ª Federación de Fútbol Feminino. Gañou o Dépor por un gol a cero.

 

“Fomentamos o deporte e as actividades de fin de semana”


 

O torneo, no que participaron oito equipos galegos e o Sevilla e a Culural Leonesa, foi organizado polo Sporting Santiago FC e nace co patrocinio principal da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, así como do Concello de Santiago e a Compañía Radio Televisión de Galicia. Ademais colaboran Ulla Oil, Vía Láctea Comunicación, Simply Travel, OCA Hotels, USC, A Nave de Vidán, Federación Galega de Fútbol, Radio Líder, Atox Galicia, Canalón Santiago e Artes Gráficas Alonso.


EQUIPOS PARTICIPANTES


 

GRUPO A 

SD Compostela

Sevilla CF

Arosa SC

RC Deportivo

Pontevedra CF


 

GRUPO B

RC Celta

ED Val Miñor

CD Choco

Cultural Leonesa

ATH Coruña

O Dépor Abanca derrota ao Victoria FC de Santiago pola mínima diferenza (0-1)

Te puede interesar