Diego é a calidade pero tamén a raza. Diego é zurdo, pero xoga tanto na dereita, como na esquerda ou no centro. É unha das grandes promesas da canteira do Deportivo. Titular nas dúas primeiras xornadas co Fabril, estreouse como goleador ante o Rayo Cantabria.
Que lle pasou ao Fabril no último partido?
A verdade é que comezamos o partido ben marcando cedo e despois desinflámonos un pouco. O Rayo Cantabria ten moito nivel, moita intensidade e quizais picamos un pouco de ser novos na categoría, pero é algo que non me preocupa porque queda moito para resolver iso e gañar confianza na categoría. Notouse que o Rayo Cantabria leva tres ou catro anos na categoría.
O Fabril comezou ben pero empeorou moito despois de adiantarse no marcador.
O partido decidiuse en duelos individuais máis que noutra cousa. Nós ibamos frouxo e eles aproveitan a picardía e a veteranía que lles permitía o árbitro para facer faltiñas. Niso estivemos pouco finos.
Na primeira xornada o Fabril deu a cara e mereceu gañar a todo un Avilés no seu campo. Pensabades que sería máis fácil contra o Rayo Cantabria na casa.
O que está claro nesta categoría é que todos os rivais teñen moito nivel, incluso algún que estea na parte baixa da táboa que non teña o cartel de favorito pode complicarche as cousas porque todos teñen armas, os equipos son físicos e hai xogadores con talento. Non estabamos nada confiados pero non estivemos ao noso nivel.
Sen Iano, Jairo, Martín Ochoa... Notáronse as baixas?
Son xogadores que se botan de menos porque teñen moito nivel. As baixas, en calquera posición, sempre se notan.
Pode sacar algunha lectura positiva do partido?
Si, quizáis foi un golpe de realidade para nós porque nin na xornada 1 eramos tan bos por empatarlle ao Avilés no seu campo merecendo gañar nin agora somos tan malos. Queda moita liga por diante, o bonito realmente e hai que centrarse e competir ao máximo porque creo que temos equipo para iso.
En que cambiou o equipo contra o Rayo Cantabria respecto á versión que ofreceu na primeira xornada?
Na primeira xornada gañamos máis duelos individuais e na segunda non e perdemos o partido por iso porque foron moi superiores a nós nese aspecto.
A nivel táctico, en que foi mellor o Rayo Cantabria?
En saída de balón, o Rayo Cantabria estivo moi ben. Non nos esperabamos iso porque na primeira xornada o Avilés non tivo tanto control de balón nin fixeron tan boas saídas. Ademais, por dentro metíanse moitos, os dianteiros baixaban a recibir e pilláronnos un pouco de imprevisto. Nese aspecto pecamos e sufrimos bastante.
O lanzador do penalti foi Diego. Estaba así marcado?
O tirador sempre debería ser o dianteiro, pero eu aínda non metera gol e pregunteille a Maxi se mo deixaba. Teño moi boa relación con el e non houbo problema.
Como estaba o vestiario do Fabril ao rematar o partido?
Jodidos, máis que pola derrota polas sensacións porque marchamos con sensacións malas. Un 1-3 na casa é un golpe de realidade. Este partido vainos axudar en moito.
Como foron os primeiros adestramentos despois da derrota?
Hai que facer borrón e conta nova. Xa estamos pensando no Marino de Luanco e en intentar dar o máximo o domingo.
Comezou na dereita e acabou por dentro. Onde se sente máis cómodo Diego?
Estou cómodo onde me poñan, pero según o partido. Hai partidos nos que se pode recibir máis por dentro, outros nos que xogando por dentro hai que cortar máis ás costas do rival. Estou cómodo onde pense o míster que cumpriría mellor.
Que lle pide Gilsanz cando xoga fóra e cando xoga dentro?
Cando estou fóra pídeme que me meta bastante por dentro ou que estira para que poida caer o mediapunta fóra e cando estou de interior ou mediapunta pídeme que fixe, que non perda a cabeza polo balón, que non me acerque aos centrais... Un xogo máis posicional.
Sénior de primeiro ano e os 180 minutos disputados nas dúas primeiras xornadas.
No pouco que levamos estou moi contento. Xa o ano pasado estaba contento co equipo e co corpo técnico. A verdade é que, a nivel persoal, todo me vai moi ben.
Diego é dos poucos xogadores da liga que xa leva dous cartóns amarelos.
Quizais desespérome un pouco cando recibo algunha falta que outra e non ma pitan. Peco de nota, tómoas co árbitro e, ao final, saio eu perxudicado. Estou traballando niso para que non se volva repetir.
Como chegou ao inicio da liga?
A pretemporada foi moi boa a nivel de adestramentos porque tiven a sorte de estar co primeiro equipo. A nivel de partidos non tivo moitísimos minutos para chegar fino pero fisicamente nótome ben.
Un punto de seis posibles. Qué valoración fai do arrinque do Fabril?
As sensacións son de que aínda é moi pronto. Contra o Rayo Cantabria non estivemos ben, pero é momento de mellorar. Creo que temos un equipo para competir e estou ao 100% seguro de que as vitorias chegarán.
Despois de xogar moitos partidos en Terceira a pasada tempada, nota a diferencia de categoría?
Noto que todos os equipos son moi competitivos e que todos che poden sorprender con accións individuais ou fisicamente pero, sinceramente, tampouco vexo unha diferencia brutal.
Obrigou a nova categoría a variar o modelo de xogo de Fabril?
Os duelos individuais son moi importantes nesta categoría porque unha mala marca pode ser un gol en contra.
O Fabril encaixou dous goles a balón parado nas dúas primeiras xornadas.
É algo que fastidia porque son accións que traballamos durante a semana e temos que intentar mellorar todo o posible ese tipo de xogadas porque, ao final, o balón parado da e quita puntos.
Que espera do Marino?
Polo de agora aínda non falamos nada pero supoño que si o faremos xoves, venres e sábado. Vin o partido contra o Ourense e pareceume un partido moi físico. En principio, o noso obxectivo claro é competir e ir con todo sen cometer os erros que tivemos este último domingo.
Que versión espera do Fabril?
Un Fabril que se atreva, que queira xogar e ir a polo partido.
Que obxectivos se marca Diego esta tempada?
Progresar o máximo como futbolista e madurar neste categoría porque sei que as presas non son boas.
Nas últimas tempadas, a progresión de Diego foi moi chamativa. Non hai queixa, vou a unha categoría por ano e aquí estou moi ben.
Para que cre Diego que está capacitado o Fabril esta tempada?
Aínda é moi cedo para dicilo. O que sei é que temos un moi bo equipo. Paréceme un equipo moi chulo porque temos moi bos xogadores. O obxectivo claro é competir e formar xogadores. Somos un filial e é o que buscamos.
Segue recibindo algunha chamada para adestrar co primeiro equipo?
Moi de vez en cando, pero cando me chamen sempre irei encantado a axudar sen ningún problema e ogallá ir todos os días.
Diego chegou ao Deportivo como cadete.
Si, xa choveu.
Xa é deportivista ao 100%?
Si, como para non selo. A afección atrápate e contáxiate. É incrible. En todos os lados ves camisetas do Deportivo tanto de nenos pequenos como de xente maior. É imposible entrar a un partido sen estar enchufado porque a afección métete no partido e lle das un valor ás cousas que igual noutro sitio non lle podes dar.
Mella xa foi titular co primeiro equipo sendo xuvenil. É o espello no que deben mirarse os canteiráns do Depor?
Mella fixo un traballo moi ben e todos o nenos e canteiráns debemo fixarnos en el. A súa pretemporada foi espectacular, en Lugo déronlle unha oportunidade e aproveitouna. Ogallá siga así Mellita.
E Diego? Ten esperanzas de chegar ao primeiro equipo esta tempada?
Non o sei. As presas non son boas. Espero progresar o máximo xogando no Fabril, tendo minutos e despois xa se verá.
Ve a un Depor máis fiable esta tempada para tratar de dar o salto ao fútbol profesional?
Vexo un Depor moi ben formado, con xogadores veteranos, moi bos futbolistas, xente xove que pode rompela na categoría. É un equipo e ogalló cumpra o obxectivo. Eu penso que o vai conseguir.
Quen é o referente de Diego no primeiro equipo?
Quizais sexa Lucas por todo o que engloba: a súa traxectoria, o sentimento que ten polo Deportivo... Para min, Lucas é o ídolo.
A tempada pasada foi para enmarcar cunha semifinal de Copa co Xuvenil e o ascenso co Fabril.
Os últimos partidos co Xuvenil estiveron moi ben por poder enfrontarnos a grandes canteiras como Atlético de Madrid, Villarreal, xogadores que agora están despuntando en Segunda División. Pero quedaríame co ascenso do Fabril porque co Xuvenil xoguei catro partidos contado e co filial toda a tempada. Conseguir o obxectivo ao final da temporada foi a recompensa máxima.
Diego case non chega ao final de tempada co Fabril por unha lesión na Copa do Rey Xuvenil.
Contra o Almería xoguei un pouco tocado, non puiden acabar moi ben e tiven que perder dous o tres partidos, pero cheguei ben aos últimos partidos.
Chegou ao Fabril desde o Pabellón pero, de que Ourense é Diego: do CF ou da UD?
Son do Arenteiro e de pequeniño era do Club Deportivo Ourense. Meu pai era abonado no Arenteiro e sempre iamos a Espiñedo cando non xogaba eu.
No Arenteiro-Depor, empate?
Non, para nada. Depor, sen dúbida. E meu pai tamén.
Como se adaptou a vivir na Coruña desde tan novo?
Desde cadete de primeiro ano estiven vivindo na residencia ata o ano pasado, que como xa estaba no Fabril e tiña que adestrar polas mañás decidín ir a vivir a un piso con Davo e Iano e adáptome ben a vivir nun piso porque tamén tiven a sorte de poder ir todas as fins de semana a casa. Cando xogábamos domingo, marchaba os sábado para casa, e cando xogábamos o sábado facía o mesmo.
Quen ocupa o sitio de Davo neste curso?
Foi unha pena o de Davo porque é un gran rapaz e moi amigo meu. De feito, meteu esta fin de semana co Coruxo e alegreime moito. Esta tempada estamos Marc, Iano e eu.
Quen cociña na casa?
Cada un fai o seu, pero o que mellor cociña quizais sexa Iano. Faino moi ben.
Que fai Diego no seu tempo libre?
O certo é que son moi caseiro. Gústame durmir a siesta, non falla nunca. Vou tomar algo cos amigos de clase.
Estudia Diego?
Si, fago o curso de adestrador e un ciclo de deportes. Aí fixen compañeiros e vou tomar algo con eles ou veñen eles a casa a xogar á Play.
Como son as viaxes do Fabril en bus?
Tal vez os máis animados sexan Martín Ochoa e Rubén López. Teño máis contacto con eles e vamos xuntos a todos os lados. Non nos aburrimos.
E no vestuario quen leva a voz cantante?
Barba é o capitán. A verdade é que moi merecido porque ten uns valores que nos representan a todo o Fabril. É moi bo rapaz e moi bo compañeiro. El é o que leva a voz cantante.
Que lle parece que Iano non sexa sub-23 e estea no Fabril?
A min paréceme xenial porque xoga con nós e porque é unha barbaridade de futbolista. O seu físico non o tiña ninguén en Terceira e en Segunda Federación tampouco vin a ninguén co seu físico. Alegrareime canto máis arriba estea.
Das fichaxes, quen chama a atención a Diego?
Fíxose un moi bo mercado de fichaxes. Marotías é moi bo xogador, Mati... Ficharon hai pouco a David Vilán, que xa o coñecía desde pequeno e é moi boa fichaxe.