Denis: “É similar ao ano pasado, sabemos o que temos que facer”
lll
17º-23º

Denis: “É similar ao ano pasado, sabemos o que temos que facer”

Denis: “É similar ao ano pasado, sabemos o que temos que facer”
Denis López (d), atacante do San Tirso, nunha imaxe de archivo | PATRICIA G. FRAGA

Usuario

Denis voltou tras unha lesión que o mantivo fóra dos terreos de xogo varios partidos, e a súa actuación no San Tirso-Lalín non puido ser máis decisiva: só se marcou un gol no encontro, e este levou a súa firma. 


Sobre o partido, que supuxo a cuarta victoria da tempada para o conxunto de Mabegondo, expresa: “Foi bastante cerrado, con poucas ocasións. Decidiuse ao final nun córner, a balón parado, algo moi

característico no noso campo”.


O xogador de A Laracha pensa que unha das claves do bo rendemento do equipo está na continuidade do proxecto.  "Este ano, ao renovar case ao 90% da plantilla, tampouco tes que traballar moitísimas cousas novas, porque a liña é similar. Seguimos co mesmo corpo técnico e cada un sabe o que ten que facer. As incorporacións que houbo tamén se adaptaron rápido”, sinala.


“No noso campo, como seguimos co mesmo bloque, xa temos o recordo de gañar aos equipos de arriba. Sentímosnos moi cómodos e entendemos que o vital da nosa puntuación pasa por facermos fortes na casa”, explica sobre os partidos no Monte. 


Pero Denis non se conforma con iso e tamén quere “intentar dar un paso máis fora da casa”. “Na segunda volta do ano pasado conseguímolo e gañamos varios partidos fóra, e este ano imos intentar facelo antes. Creo que pasa por facernos fortes defensivamente e intentar materializar as que teñamos”, expresa.


En canto aos obxectivos para a tempada, manifesta: "O primeiro coma sempre e a permanencia, e a partir de aí irase vendo onde está o equipo. Si se pode igualar ou superar o do ano pasado mellor, e senon estar na zona tranquila, entre os oito primeiros”.

 

Convivindo con molestias

O pichichi do pasado curso explica como vivíu a súa lesión, e como a ten que seguir afrontando: “Ao final do partido contra o Ribadeo, nunha acción notei un pinchazo na zona lateral do calcaño ao apoiar o pé. Xa levaba bastante tempo coa fascia do pé cargada, e a partir de aí complicouse. Na anterior xornada contra o Castro aínda non estaba recuperado, pero coa sanción por protestar o penalti contra o Boiro xa nada. Agora tentando levalo da mellor forma posible, porque e unha lesión máis latosa e dolorosa que outra cousa.  Non é como se fora muscular ou ósea, xa que non sabes cando che vai molestar. O domingo bastante mellor do que pensaba, a verdade”, expresa, facendo referencia ao encontro contra o Lalín.


A carreira futbolística de Denis esta marcada por momentos de moita participación e goles, e outros máis baixos. Hai un elemento común, cando ten a oportunidade de xogar como dianteiro centro, as súas prestacións aumentan: “En San Tirso xoguei sempre na miña posición habitual e síntome con confianza, moi cómodo e os goles están entrando”. 


Un benestar ao que contibue que o clima do vestiario é moi bo. “Nótase no día a día, é dos ambientes cos que vas con ganas de entrenar. O corpo técnico e a directiva tamén nos tratan estupéndamente ben, e a pesar de ser un club humilde somos bastante respetados na categoria e iso fala ben da institución”, explica.

 

Pasou polo Deportivo

Canteirán do Depor, recorda con agarimo aqueles anos. “Teño bastantes recordos, porque pasei gran parte da miña infancia alí. Chego con nove anos e acabo con dezaoito. Bos recordos, fórmaste futbolísticamente e como persoa; e además hai compañeiros cos que aínda hoxe manteño contacto e son amigos” remata.

 

Samu rey destacado
Martin pereira destacado
Alberto benito destacado

 

Clave uno preferente
Clave dos preferente
Clave tres preferente

Denis: “É similar ao ano pasado, sabemos o que temos que facer”

Te puede interesar