Alexandre: “É moi satisfactorio gañar así, con portería a cero”
lll
17º-23º

Alexandre: “É moi satisfactorio gañar así, con portería a cero”

Alexandre: “É moi satisfactorio gañar así, con portería a cero”
Alexandre, nun encontro da pasada tempada | RAÚL LÓPEZ

Usuario

Alexandre Mallo (Carballo, 1991) marcou o gol da vitoria do Sofán fronte o Sigüeiro. Un triunfo de moito mérito, xa que o filial do Compostela estaba situado en segunda posición e que permite aos carballeses volver á zona de playoff.


“Foi un partido moi disputado, pero todos estivemos de dez, sen cometer erros. Estivemos espectaculares a nivel defensivo. O Sigüeiro imprimiu moito ritmo con balón, pero nos tamén tivemos as nosas en contras e puido chegar algún que outro gol. Eles conseguiron encerrarnos un pouco ao final, pero fomos capaces de non conceder ocasións”, resume.


Alexandre xa marcara este curso, na vitoria por 1-3 ante O Val, pero este gol é especialmente importante. Así foi, descrito polo gran protagonista. “Ven dun roubo no medio do campo. A partir de aí tiramos unha contra perfecta por banda, Marcos pon un centro raso e co interior mandei o balón ao pau largo”.


Foi un deses encontros moi longos, no que o tanto chega no minuto 4 e toca apertar os dentes para manter o resultado. “Lograr a vitoria así, con portería a cero, defendendo desta maneira, é unha sensación incrible e moi satisfactorio”, apunta o polivalente xogador carballés.


Situados na quinta posición con 19 puntos tras seis triunfos, un empate e tres derrotas, Alexandre resalta como o están a conseguir. “Creo que poderíamos ter algún punto máis, pero con todas as dificultades que estamos tendo coas lesións penso que son moi meritorios os que levamos”, argumenta.


Un posto que de mantelo ata final de tempada daría opción ao Sofán de xogar os playoffs. É esa unha posibilidade que seduce ao club, pero que non é unha obriga. “Todo xogador e adestrador quere estar sempre o máis arriba posible. Estamos a traballar día a día sen pensar moito en iso coa idea de mellorar para chegar ata onde se poida. Se podemos estar preto dos playoffs sería bonito, pero non é unha obsesión”, sinala.


¿Por que leva oito anos no mesmo club? “Hai varios motivos. Un é estar ao lado da casa e poder xogar con compañeiros que son xa máis ben amigos tras tantos anos xuntos. Con algún estiven incluso en xuvenís. Tamén inflúe a situación familiar, cun neno e con outra en camiño, o que complica a conciliación, pero aquí encaixa todo”.


Por último, escolle o peor e o mellor momento como xogador do Sofán. “En oito anos hai tempo para todo. O máis negativo diría a tempada pasada, que está moi recente e tiven a mala sorte de estar case todo o tempo fora por lesións. O mellor, gañar a Copa da Costa”.

Alexandre: “É moi satisfactorio gañar así, con portería a cero”

Te puede interesar