Máis prazas de tecnificación para o curso 2022/2023
lll
17º-23º

Máis prazas de tecnificación para o curso 2022/2023

Máis prazas de tecnificación para o curso 2022/2023
Tamén haberá un cupo para persoas con disversidade funcional | xg

Usuario

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar Orde do 26 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/2023, e se procede á súa convocatoria.
 

Coma nos anos anteriores, mantense o número total de prazas en 160 estando distribuídas da seguinte maneira: ata un máximo de 105 prazas -2 máis que no curso inmediatamente anterior, 2021/2022- para o grupo de tecnificación -87 residentes e 18 externos- que se distribuirán entre os cursos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato; así como 55 prazas para o grupo de rendemento -12 residentes (non podendo ser máis de 7 do mesmo sexo e como máximo 4 da mesma sección deportiva) e o resto externos ata completar as prazas ofertadas-.
 

Por outra banda, é importante destacar que en ambos grupos, tanto no grupo de tecnificación coma no de rendemento, resérvanse un 5% das prazas ofertadas para persoas con diversidade funcional (en caso de non seren ocupadas pasarían a ser ocupadas pola cota ordinaria), e outro 10% das prazas resérvanse por parte da Secretaría Xeral para o Deporte para seren ocupadas durante todo o curso académico en función de situacións de urxencia ou necesidade, cumprindo sempre os criterios de excelencia deportiva e nivel académico. 
 

Cómpre destacar asemade que se contabilizan a maiores un total de 20 prazas destinadas aos compoñentes dos equipos nacionais de piragüismo, que desde o ano pasado preparan o camiño olímpico cara París 2024 en Galicia.
 

As prazas de tecnificación quedan repartidas da seguinte maneira segundo as modalidades: atletismo lanzamentos (4 prazas de residente), bádminton (7 prazas de residente), judo (8 prazas de residente), karate (3 prazas de residente), loita (7 prazas de residente), natación pura e augas abertas (6 prazas de residente), natación artística (5 prazas de residente), piragüismo slalom (4 prazas de residente), piragüismo AT (17 prazas de residente), remo (4 prazas de residente), taekwondo (8 prazas de residente), tríatlon (7 prazas de residente), vela (4 prazas de residente) e ximnasia (3 prazas de residente).

Máis prazas de tecnificación para o curso 2022/2023

Te puede interesar