O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu ao patinador español nado en Venezuela e afincado en Vigo, Jhoan Sebastián Guzmán, que no pasado mes de setembro converteuse no primeiro deportista en acadar catro medallas de ouro nunha cita continental como é o Campionato de Europa de velocidade que se celebrou en Italia.
O secretario para o Deporte destacou o traballo e o esforzo diario do deportista españols, que tamén é campión mundial de patinaxe de velocidade, así como do seu club, o Freestyle Slalom Vigo, no que leva competindo desde o ano 2021.