Vanesa Rial: “O meu obxectivo é trasladar todo o que aprendín e o que levei do deporte”
lll
17º-23º

Vanesa Rial: “O meu obxectivo é trasladar todo o que aprendín e o que levei do deporte”

Vanesa Rial: “O meu obxectivo é trasladar todo o que aprendín e o que levei do deporte”
Vanesa Rial

Usuario

Vanesa Rial é unha das referencias absolutas do deporte galego tanto internacional coma nacional, campioa de división de honra co seu club, olímpica... é dicir, a ese nivel Vanesa conseguiuno todo. Pero ademais a nivel formación deportiva non queda atrás, xa que está actualmente traballando no colexio Blanco Amor e xa ten unha experiencia moi grande.  

 

 

Son xa moitos anos de experiencia no ámbito escolar?


Bueno, non son moitos anos, eu empecei a miña primeira substitución no 2019, que foi xusto ao saír do deporte. Metínme outra vez nun mundo deportivo, diferente, cun grande obxetivo, que era sacar unha praza. E aí no 2019 empecei a facer as primeiras substitucións e a estudar tanto como adestraba. En canto á praza fixa, chegou no 2021 despois da pandemia.

 

Non son a mesma persoa se non fixera isto, debo agradecerllo ao deporte

 

 

Hai que cambiar moito a forma de pensar cando un pasa de adestrar xente de competición a verse diante de 800 alumnos? Alumnos que teñen que facer deporte, que o deporte ten que ser un hábito de vida, tiveches que cambiar moito a forma de pensar ou é algo que xa vai no profesional?  


Bueno, vai un pouco no profesional, pero si, realmente debo dicir que a min me chocou moito. Porque no deporte de elite realmente estás traballando con xente que lle gusta o deporte, é dicir, teñen este como único obxectivo, neste caso, o rugbi. E claro, chegas á educación e ves que hai alumnos que lles gusta o deporte e outros que non lle gusta, entón, ttes que adaptar todo a ese tipo de niveis. Eu preguntábame, como fago para enfrontar un neno que motrizmente é moi bo e que lle gusta o deporte e o practica habitaulemente, contra outra persoa que é sedentaria, que non lle gusta ningún deporte. Pois agora xa teño a resposta, iso valo adaptando, vas baixando marchas pouco a pouco e coa experiencia valo conseguindo. Tamén é importante observar moito, ver como traballan outros docentes da mesma materia, isto axúdache a recoller ideas e a poder adaptar todo de forma individualizada a cada un dos alumnos a pesar de que son vinte e pico por aula, é un reto para min, é un reto todo isto.

 

 

Xa tiñas experiencia en proxectos pioneiros noutros centros, recoñecidos ademais. Cando chegas ao Blanco Amor, cal é o primeiro paso?


O primeiro paso é, xa que temos un mérito a nivel deportivo noutro centro, hai que apostar outra vez, xa non só polo premio, senón por todo o que se lle ofrece ao alumnado. Vendo todo un pouco coa dirección do centro que neste caso dá todo polo deporte é moitísimo máis doado, porque xa che dá todas as facilidades, entón, pois iso é algo moi positivo.

 

Eu creo que á educación física en segundo de bac sería unha hora de desconexión, na que melloras e aprendes actividade física. Tamén axudache á concentración e cos estudos

 

 

 

Non é fácil traballar neste tipo de centros, porque os concertados é certo que teñen moitísima máis capacidade económica. Isto non se pode negar, entón, moitas veces, aquela imaxinación ten que ir por diante para convencer esas nenas e nenos, precisamente, de que o deporte é fundamental, de que teñen que facelo. É así non?


Si, é anticiparte ao final. Pero eu creo que nas clases de educación física podes dar moito máis, quero dicir, que xa ti podes mostrar aí. Eu o que intento, o meu obxectivo, é trasladar toda a miña experiencia, todo o que aprendín e todo o que levei do deporte. A min o deporte, o rugbi, cambioume como persoa, eu non sería a mesma persoa se non fixera rugbi, entón, é trasladar todos eses valores ao alumnado cada día, intentar transmitir iso.

 

 

Unha vez transmitido isto...


A partir de aquí, pois, eu vexo que si, que, pois, evidentemente uns se motivan e aos dous meses xe che din: “profe, xa me apuntei a este deporte “, cando non practicaban ningún, entón, pois, eu xa digo, obxectivo conseguido, imos seguir. Pero si que é moito máis difícil que en centros que teñen moito máis. Tamén, o que si temos que coller, que moitas veces eu creo que non temos en mente, son todas esas ferramentas que nos dá, por exemplo, a Xunta de Galicia, os diferentes concursos, como pode ser este do Deporte Campeón, as facilidades que hai para visibilizar... todo iso son ferramentas que nós podemos coller, que nos agarramos a elas e que nos poden axudar a promocionar moito máis o deporte.

 

Cando aos dous meses xa che din: “profe xa me apuntei a este deporte”, cando non practicaba ningún,entón, eu xa digo, obxetivo conseguido, imos seguir

 

 

 

Evidentemente non fai falta que incidamos na importancia do deporte escolar para o desenvolvemento das nenas e dos nenos Eses hábitos que van gañando son fundamentais para cando teñan 18 en diante. Resulta que ti es muller deportista, moitas nenas perden a facultade de facer deporte simplemente porque xa aos 18 anos se van estudar e deixan de facer deporte. Pasa máis nas nenas que nos nenos, non?


Si que pasa máis nas nenas que nos nenos. Por estatísticas que se levan analizando, as nenas xa a partir dos 14 anos, vese en calquera club deportivo e eu ademáis confirmei esta información con clubs de Barcelona, Madrid... e si, a partir dos 14-15 anos as nenas empezan a deixar de facer deporte. Isto ocorre moitas veces pola propia etapa na que están e moitas outras é porque os estudos como que lle supoñen moita presión. Estase mellorando isto, non está descendendo tanto, pero é moi pouco o que se mellorou.

 

 

Solicitase terceira hora de educación física. Cal é a tua opinión?  


É algo imprescindible, que bueno, debo dicir a favor que houbo un cambio, xa que agora coa nova lei en primeiro de bacherelato son tres horas. É algo positivo, pero bueno, porque non  poñer isto tamén primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO e tamén impartir esta materia en segundo de BAC, porque eu creo que sería unha hora de desconexión a hora de que ti, pois melloras e  aprendes a facer actividade física. Axúdache á concentración, axúdache moitísimo cos estudos, entón por que non? A miña teoría é que eu penso que tamén, por outra parte, os nenos non practican actividade física porque hai que cambiar a mentalidade dos pais; se os pais son un exemplo dos fillos e das fillas por que non practican deporte? Se o neno ve esa imaxen parte evidentemente dunha imaxe dunha persoa sedentaria que non practica deporte Entón, iso aí vese todo involucrado.

 

 

Se todos os pais practicasen deporte?  


Se nos imaxinamos que todos os pais practican deporte, pois todo iso cambiaría a realidade, evidentemente.

 

 

Hai que cambiar a mentalidade dos pais, eles son un exemplo para os fillos

 

 

Qué proxectos ten agora mesmo o Blanco Amor, de deporte escolar? Hai un pouco de todo, non? É dicir, coidades moito o tema das charlas, de que os vosos alumnos teñan esa información, ides ao ximnasio, tedes liga interna de fútbol, evidentemente rugby... Por onde ides? A oferta é enorme.


Pois a verdade é que, sobre todo nestes centros públicos hai diferentes familias tanto de alto nivel como baixo nivel económico. Por isto intentamos achegarlle aos nenos, que vexan tanto instalacións deportivas coma clubs deportivos que teñen na súa contorna, para que vexan as facilidades que teñen de acceder. Sobre todo tamén daqueles deportes dos que non teñen acceso coma no caso dos deportes minoritarios, o rugby, a escalada... queremos que vexan que hai outros deportes de fácil acceso pero que eles realmente non os coñecen. Entón, pois é un pouco axudarlle a ver o que poden praticar nas súa contorna, incluso que poden ir camiñando, e impulsalos aí para que vexan que tamén hai nenos e nenas. Cando veñen a impartirlles clase, pois, neste caso, o CRAT, que ten xogadoras e xogadoras de alto nivel, que vexan que tamén hai nenas xogando a isto. Entó  é moito usar a imaxe, visibilizar e promocionar.

 

 

Que proxectos ten

des de futuro? Porque, bueno, evidentemente, o proxecto de ir gañando que cada día máis nenas e máis nenos vaian facendo deporte xa debe ser o que o fundamental, non? Pero ti es unha persoa que sempre tes a cabeza inqueda en ideas, buscando, mirando... Se se pode desvelar algún, claro.


Non, pois a verdade é iso, o meu obxectivo principal é que a maior parte, por non decir que todo o alumnado que pase polas nosas mans, consega facer actividade física. Porque a parte, vano agradecer, porque é importantísima, xa tan importante como o é a vida mesma Eu non son a mesma persoa se non fixera isto, realmente devo agraderllo todo, pois, neste caso, ó deporte. É porque non estes nenos non poder experimentar esta sensación de vital importancia na vida, algo moi positivo a nivel mental e persoal.

 

 

Que lles dirías agora mesmo?


Que todos se poñan a practicar deporte xa. Eu veño do rugby, anteriormente do balónmán, pero para min é importante que proven moitos deportes. Cando están en etapas inferiores, provar todos os deportes e que despois podan escoller e se queden co mellor.e xa despois poden ir cambiando, pero van a adquirir unha condición motriz e unhas habilidades motrices as cales van poder desarrollar en calquera deporte, porque é tránsito que se pase de unha a outra, entón, bueno, para mín, pois é, por agora, é o meu obxectivo.  

Vanesa Rial: “O meu obxectivo é trasladar todo o que aprendín e o que levei do deporte”

Te puede interesar