Moncho Viña: "Apostamos por historias descoñecidas, curtas, que che arrinquen un sorriso”
lll
17º-23º

Moncho Viña: "Apostamos por historias descoñecidas, curtas, que che arrinquen un sorriso”

Moncho Viña: "Apostamos por historias descoñecidas, curtas, que che arrinquen un sorriso”
Moncho Viña, que presentará a súa obra o 4 de agosto na Feira do Libro de A Coruña, posa para este diario nos exteriores do Palacio de la Ópera | FOTO: JAVIER ALBORÉS

Usuario

Unha das voces máis recoñecidas do espectro radiofónico galego, Moncho Viña (A Laracha, 1955), presenta en sociedade un traballo do que está realmente orgulloso, o libro ‘Moito que contar’.


Un compendio de 120 historias curtas que vén de rematar, xunto aos seus compañeiros Alfonso Hermida, Adrián Menéndez e Henrique Rabuñal, nas que fusiona a súa dilatada experiencia persoal na radio —na actualidade xa está retirado— con algúns dos episodios máis gloriosos do Deportivo ou do deporte coruñés en xeral.
 

Ilusionado con este novo proxecto, agarda ansioso ao vindeiro 4 de agosto, cando presentará en sociedade a obra na Feira do Libro de A Coruña ás 19.00 horas.

 

Canto tempo leva volcado neste proxecto?
Sempre me gustou escribir, fundamentalmente para que non se me perderan as cousas e as ideas que tiña en mente. Cada ano vas xuntando artigos, os tes na casa pero esas cousas obviamente non son un libro. O proceso de escribir un libro veu máis tarde porque o meu fillo Adrián considerou que era un bo material e que debiamos publicalo. Debemos levar como tres anos.

 

É un traballo conxunto...
Por suposto, tanto deles como meu. Un libro sen historias ou as historias soas non forman un libro. Alfonso Hermida, Adrián Menéndez e Henrique Rabuñal non é que colaboraran senón que son autores a partes iguais comigo.

 

Persoalmente fusionou dúas das súas grandes paixóns, o xornalismo radiofónico e o Deportivo, o equipo que seguiu moitos anos...
Si, dende logo; empezamos nisto porque de algo había que vivir pero creo que eu tiven a inmensa fortuna de ter vivido os mellores anos da historia do Deportivo e tamén posiblemente os mellores anos da historia da radio porque as dúas cousas foron unidas. O Deportivo xeraba unha grande expectación porque era un dos mellores equipos de España e de Europa. Penso que sempre que tes algo bo que contar é moito mellor. Foron os mellores anos da miña vida profesional. Despois a nivel familiar é outra historia porque non son comparables.

 

Tiven a inmensa fortuna de vivir os mellores anos da historia do Deportivo

 

Este libro é o colofón a unha etapa exemplar de xornalismo, sempre fuxindo da polémica e centrado na información elegante pura e dura...
Eu non creo moito niso, hai moitas formas de contar as cousas. Apliquei algo que me ensinaron, que cando tes algo importante que contar na radio é mellor escribilo. Se non o fas podes quentarte e acabas dicindo cousas que non querías inicialmente. Neste libro apostamos por contar cousas de boas formas. Nunca me considerei dono da razón absoluta pero tamén é certo que o xornalista ten que criticar en certo grado, non pode ser soamente xabón.  

 

Moito que contar. Un guiño evidente a Arsenio Iglesias. Nun ano fóronse tres grandes referentes do deportivismo como o propio ‘Raposo de Arteixo’, Amancio Amaro e Luis Suárez...
Foi un tremendo pau para o deportivismo. Con Arsenio eu tiña moita amizade, sempre nos levamos moi ben. Pero cando veu do Real Madrid e eu me xubilei a nosa boa relación converteuse en algo máis profundo, superior. Todas as semanas viamonos, aínda que cando foi o da pandemia por normas estrictas nos distanciamos algo de xeito obligatorio. Cando finou foi un pau terrible para min como persoa. Con Luis Suárez tamén quedamos en Milán para abordar outra cousa diferente pero o certo é que non nos collía o teléfono e desgraciadamente morreu. Xa estaba enfermo. Con Amancio Amaro estiven o día que nomearon a Arsenio fillo predilecto do Concello de A Coruña. Foi un ano desastroso. Outros protagonistas de capítulos do libro, como o expresidente do Compostela Xosé María Caneda, tamén nos deixaron recentemente.

 

Cando finou Arsenio foi un pau terrible para min. Tiñamos moita amizade

 

Estas 120 historias son experiencias persoais. Prima nelas a información, os sentimentos ou o humor?
Son 110 capítulos e unhas ‘xoias’ a maiores. Son experiencias persoais pero non só miñas. Son historias reais que sucederon nos momentos máis importantes da historia do Deportivo. Tamén hai algunhas que non teñen nada que ver con este clube, senón con outros deportes ou deportistas como o céltico Mostovoi.

 

Intres inesquecibles como...?
Os momentos máis importantes que abordamos foron, por exemplo, a consecución da Copa de 1995, a do ‘Centenariazo’ de 2002, o partido no que o Deportivo gañou en Múnich, o do Arsenal, o de Aalborg, o de Manchester... Son partidos que os medios como dxt campeón contaron moi ben no seu día. Nós apostamos por contar algo relacionado con eses partidos, historias descoñecidas, curtas e que che arrinquen un sorriso, porque sempre é recomendable levar as cousas con boas sensacións.

 

Hai algunha da que garde un cariño especial?
Pois hai moitas que gardan connotacións especiais. Todas as do míster, que creo que son dez. Para min foi un mestre da vida e do deporte. Aprendín moito del. Non me daba consellos directos pero o facía doutro xeito, indirectamente, cando realmente era necesario e aprendías todo sen que hou-bese referencias directas. Son anécdotas de lembrar sempre con alegría.

 

Todas as historias do míster, que son dez, son especiais; para min foi un mestre da vida

 

Hai referencia aos últimos catro anos tan duros que viviu o deportivismo na categoría de bronce?
Pois non. Nós quedámonos na tempada 2004-05, na última participación en Liga de Campións. Aí foi onde rematamos estas historias. Estes últimos catro cursos foron moi duros para todo o deportivismo e seguro que tamén houbo historias bonitas pero pechamos o libro en 2005, trala quinta participación na ‘Champions’. 


Cal é o público ao que vai principalmente dirixida esta obra?
Esa pregunta dá que pensar porque diría que para o deportivismo en xeral pero tamén en particular para os que viviron estes momentos. Aínda que é certo que os milleiros de rapaces de 25 ou 30 anos que van a Riazor e están enganchadísimos ao Deportivo tamén son un público para este libro. A eles non se lles deu nada a cambio e enchen o estadio cada semana. É outra forma de contarlle estes encontros a este público que non o puido ver no seu momento en directo. Son todas historias certas, obviamente non inventamos nada, e ás veces resulta sorprendente que sexan descoñecidas despois de tanto tempo en que pudieron saír á luz. Hai algunhas doutros deportes con moitos seguidores na cidade como o baloncesto, ciclismo, hóquei. Tamén de personaxes peculiares como Caneda, Mostovoi...

 

Os milleiros de rapaces que van a Riazor tamén son un público para este libro

 

Son todas historias certas; ás veces é sorprendente que sexan descoñecidas

 

Ten presenza na obra a afección do Depor?
Si, hai personaxes como Herminia, presidenta de honor do Deportivo, así como tamén o foi o expresidente Adolfo Suárez. Tamén antes contamos a historia dunha afeccionada especial do Deportivo, temos espacio para a xente que sente o clube e que non falla á hora de transmitir os seus ánimos dende a bancada. Falamos tamén de películas co Dépor de trasfondo como a de Galatasaray-Depor. Tentamos darlle un toque distinto a cada un dos capítulos.

Moncho Viña: "Apostamos por historias descoñecidas, curtas, que che arrinquen un sorriso”

Te puede interesar