A Federación Galega de Patinaxe revelou as convocatorias das seleccións autonómicas masculina e feminina de hóckey patíns para a primeira fase do Campionato de España sub-16, a disputar do 5 ao 8 de decembro nas localidades asturianas de Mieres e La Felguera.
A Coruña, berce do hóckey patíns en Galicia, acapara as listaxes con cinco xogadoras na feminina e nove na masculina, como non podía ser doutra forma.
O Dominicos (Claudia Sanjurjo, Jacobo Copa, Marcos Pedreira, Jacobo Pérez e Antón López) e o Compañía de María (Aldara López, Iria Torre, Alejandro Pérez, Hugo Mareque e Anxo Chouciño), con cinco xogadores cada un, son os clubes máis representados.
Nesta primeira fase, o combinado masculino xogará contra Navarra (domingo 5), Aragón (luns 6) e Madrid (martes 7), mentres que o feminino enfrontaráse a Euskadi, Madrid (ambos o domingo 5) e Cantabria (luns 6).
Nombre | Equipo |
Mencía Mosquera | Deportivo Liceo |
Noelia Castro | Escola Lubiáns |
Claudia Sanjurjo | Dominicos |
Aldara Pérez | Compañía de María |
Iria Torre | Compañía de María |
Celia Pinacho | Cambre |
Icía Brea | Raxoi |
Alba Arosa | Raxoi |
Lucía Velo | Escola Lubiáns |
Inés Temprano | Deportivo Liceo |
Nombre | Equipo |
Francisco Javier Riobo | Deportivo Liceo |
Dany Fuentes | Compostela |
Jacobo Copa | Dominicos |
Marcos Pedreira | Dominicos |
Jacobo Pérez | Dominicos |
Alejandro Pérez | Compañía de María |
Jaime Méndez | Deportivo Liceo |
Antón López | Dominicos |
Hugo Mareque | Compañía de María |
Anxo Chouciño | Compañía de María |