Juan de Dora: “Síntome a gusto no equipo desde o primero día”
lll
17º-23º

Juan de Dora: “Síntome a gusto no equipo desde o primero día”

Juan de Dora: “Síntome a gusto no equipo desde o primero día”
Juan de Dora, dianteiro do Betanzos autor de dous goles o pasado domingo contra o Foz, no encontro da segunda xornada de liga ante o San Tirso, rival ante o que marcou o seu primeiro gol da tempada | pedro puig

Usuario

É o máximo goleador do seu equipo aínda que só xogou a metade dos partidos desputados ata o momento: tres. O dianteiro Juan de Dora foi o gran protagonista da vitoria (3-0) do Betanzos ante o Foz o pasado domingo que permite ao equipo de Noé López ocupar a terceira praza e só superado por dos súper equipos: a Sarriana e o Montañeros, que medirán os seus niveis o vindeiro domingo na Grela.

O dianteiro de Louro que chegou o pasado verán ao Betanzos procedente do Fisterra de Terceira División explica que o 3-0 “foi un resultado xusto xa que xeramos moitas máis ocasións que o Foz e incluso puidemos marcar máis goles”.

Para Juan, o Betanzos estivo mellor que o seu último rival en tres aspectos: “tivemos as liñas xuntas practicamente todo o partido, apenas concedemos situacións de perigo e fisicamente aguantamos mellor o ritmo do encontro”.

O punta do Betanzos de 23 anos regresou co equipo despois de tres semanas fóra por lesión. “Mentiría se dixera que non tiña medo por unha posible recaída. As roturas de fibras son enganosas xa que pensas que estás ben pero un pequeno xesto pode levarche ao punto de partida. A medida que transcorrían os minutos sentíame cada vez máis seguro e non tardei en olvidarme da lesión”.

Juan de Dora é unha das caras novas do Betanzos esta tempada. Ao respecto di: “adapteime moi ben. Desde o primeiro día xa me sentín a gusto. Os compañeiros e corpo técnico son os que teñen a culpa”.

Que lle pide Noé ao seu máximo goleador? “Que xogue coa cabeza fría, que rompa ao espacio e que disfrute, que os goles acaban chegando”. Sobre o habitual 1-4-4-2 do adestrador fisterran, o futbolista de Louro apunta que “non é un sistema que descoñeza porque no Fisterra a veces xogamos así e tamén no Paiosaco. É un sistema que me gusta”:

En canto a obxectivos, comenta que é “meternos na fase de ascenso, que non vai ser fácil. Temos claro que hai moito que traballar porque isto é moi longo. Temos marxe de mellora en todos os aspectos do xogo e debemos seguir evolucionando se queremos estar na parte alta da clasificación”.

Os seus dos grandes candidatos son Sarriana e Montañeros. “O equipo máis forte paréceme a Sarriana porque ten moitos xogadores contrastados porque o que máis me gustou por agora foi o Montañeros. Creo que tanto un equipo coma outra van conceder moi pouco”.

A nivel persoal asegura estar contento pero “hai moito que mellorar. Hai ocasións que non se poden fallar porque podemos acabar pagándoas moi caro”.

Sobre os seus goles di que llos adica “coma sempre, á familia. Sempre están pendentes de min e felices de que as cousas vaian ben. Non me marco unha cifra para esta temporada pero oxalá sexan moitos e que poida axudar ao equipo a conseguir o obxectivo”. 

Juan de Dora: “Síntome a gusto no equipo desde o primero día”

Te puede interesar