O Depor volve a Vilalba e alí estará Paco Roca, o presidente da peña decana do club blanquiazul. O ano pasado non asistíu a Riazor, pero no actual xa leva uns cantos adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo. Sen cancelas, fala do equipo que leva no corazón.
Que ambiente hai en Vilalba para o partido?
De deportivismo vai ben a cousa, pero ó cambialo de sábado a mércores a ver como responde o persoal. Non é fácil que vea xente de fóra
Temiches quedar sen partido despois da suspensión do sábado?
Non porque eles desde o primeiro momento dixeron que se ía celebrar. Non sabían cando, pero Vilalba vai ser a primeira proba. Case mellor porque o Racing empezara a adestrar o xoves.
Non dades este ano premio O Bo. Como valoras a temporada pasada?
Foi un desastre. Aquí a xente está bastante queimada, como en todos os sitios. Eu estou moi queimado con Abanca, que entra como un elefante nunha cacharrería. Hai cousas moi raras, como a do futbol femenino, que non entendemos. As cousas hai que explicalas ben. O presidente dixo que fixo a plantilla Manu e, cando a fixo, carretera a Segovia. Aí tivo que pasar algo moi grave.
Fun a tres adestramentos e vexo que hai xente que manexa ben o balón
Ter ó Lugo en Segunda e o Depor por debaixo, afecta dalgunha forma aos deportivistas de Vilalba?
Non nos afecta en absoluto porque aquí en Vilalba non houbo afición ao Lugo. Aquí hai dúas peñas, unha do Depor e outra do Celta, e son as decanas dos dous.
Que supón ter un vilalbés no primeiro equipo, Villares?
É un orgullo. É un rapaz de Vilalba, da parroquia de Samarugo, que levaba desde alevíns no Racing. Estamos moi contentos con el. É moi sensato, ‘majo’, querido e humilde.
Tes trato con el?
Si. Foi compañeiro de meu fillo no Racing. O meu non saíu profesional, pero el de pequeño xa apuntaba. Era pequeniño, pero despois deu un estirón.
Como ves a nova temporada para o Deportivo?
Pois aínda fun o luns ao adestramento, desde Vilalba, levo xa tres e a verdade é que vexo que hai xente que manexa o balón no equipo. Menudo distínguese do resto, pareceme que vai dar moito rendemento. Hai xente rápida como De Camargo; Elitim leva ben o balón, temos defensas cun tamaño considerable e ó adestrador véselle moi implicado, para o xogo para correxir... Dame boa espiña. Está sempre cun sorriso na cara.
Como valoras a saída de De la Barrera?
Ese foi outro caso parecido ao de Manu, que non entendo moi ben. Non debía ser do agrado dalgún dos listos do fútbol e foi unha maneira de desfacerse del porque Las Palmas ía renovar a Mel.
Estou queimado con Abanca, entra como un elefante nunha cacharrería
Outro adestrador, Gilsanz, agora no Fabril, ten conexión con Vilalba porque adestrou ao Racing.
Estivo tres ou catro anos aquí. É moi traballador, cumplidor, íntimo do actual técnico, Simón (Lamas). Alegreime moito polo xuvenil, unha das poucas ledicias que levou o deportivismo nestes anos. Vino como se fora unha Copa do Rei do primeiro equipo. Foi un subidón de adrenalina. A ver si o aproveitamos. Vin a Noel adestrar co primeiro equipo e non ten medo a ningún central. O da canteira é unha gran satisfacción e unha cousa de moitos anos. Esto non o fixo Abanca. Vén de moi atrás.
Necesítase paciencia e a veces falta...
Si, non houbo moita paciencia. Había unha época que a canteira chegaba ao Fabril e carretera porque había una gran plantilla. Aquí tivemos a un xogadorazo, Rubén Castro, que destacaba nas pretemporadas e non tivo unha oportunidade. Había galóns.
Tamén Iván Pérez era o ‘pichichi das pretemporadas, pero...
Vas mirando os nomes… Mira, Makaay non tivo o premio O Bo. E coa felicdade que nos deu. Logo deixou cartos coa negociación de Lendoiro. Teño que dicir que o meu presi é Lendoiro, o presi dos da miña quinta. Eu teño 63. Para os da miña quinta é un dios.
Dos da túa quinta tamén recibíu críticas...
Hai de todo…. Os que estamos fóra da cidade non vimos o enfrontamento que tivo con (Paco) Vázquez… Eu son da extrema esquerda ao lado de Lendoiro, pero teño aprecio persoal por el. Sen el non habería nada. Desaparecía o club con 300 millóns de pesetas nos anos oitenta.
Pero tamén deixouno económicamente...
Recoñezo que ó final houbo unha deriva hacia o desastre… Cando houbo o cambio e chegou Tino todo o mundo parecía que estaba dacordo, pero foi un vende fumes… Con Paco Zas me comía o demo, non sei como podía chegar a presidente. E Vidal tiña a espada de Damocles de Abanca, que lle puso un xefe de oficina, Villasuso, con mando en praza. Creo que están limpando para vender en canto chegue o momento cunha oferta coa que perda o mínimo.