Case douscentos camiñantes competirán na contorna da Torre
lll
17º-23º

Case douscentos camiñantes competirán na contorna da Torre

Case douscentos camiñantes competirán na contorna da Torre
A concelleira Mónica Martínez con Xan Ramírez e Cecilia García | AEC

Usuario

A Coruña acolle o domingo o Campionato de España de Marcha Nórdica Individual e por Seleccións Autonómicas, III Trofeo Cidade da Coruña de Marcha Nórdica, en que un total de 178 camiñantes, 91 homes, e 87 mulleres, tomarán a saída. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou en María Pita o evento deportivo ao que acudirán federacións de toda España e, por primeira vez, participará a Selección Galega de Marcha Nórdica, con 16 persoas integrantes, 8 delas pertencen ao Club MN Coruña.

Fomentar a práctica do deporte é unha das máximas do Goberno de Inés Rey, que entende que citas como esta incentivan a práctica e afección por este deporte que na Coruña goza dunha ampla presenza feminina. Proba disto é que o 86% das deportistas federadas do Club de Marcha Nórdica A Coruña son mulleres.

A proba comezará ás 9.45 horas e finalizará ás 12.30 horas. A entrega de premios será ás 12.45 horas. O percorrido, 14 quilómetros en total, transcorre polo Parque Escultórico da Torre de Hércules. Consta dunha primeira volta de cinco quilómetros, seguida de tres xiros máis, esta vez de 3.000 metros cada un.



Con forza


A edila agradeceulle á organización a elección de A Coruña como sede. “A marcha nórdica entrou na cidade con moita forza, e tras todo o vivido neste último ano, coa necesidade que tiñamos de natureza, aumentou notablemente a afección por un deporte en continuo crecemento, non só polos lugares en que se pode practicar, senón tamén pola gran cantidade de persoas que se interesan na súa práctica; boas razóns non faltan: hábitos saudables, contacto coa Natureza, práctica a calquera idade e baixo custo”, sinalou.

A concelleira explicou que as persoas inscritas pertencen a 11 comunidades autónomas, sendo o País Vasco o que ten máis representantes (31) seguido de Andalucía, con (28). Galicia terá 26 camiñantes, 13 da Coruña, 12 de Pontevedra e 1 de Ourense. Hai 7 participantes maiores de 70 anos (6 na categoría masculina e unhamuller). A media dos de idade dos deportistas é de 40 a 60 anos. Un 68,54% das persoas participantes están nesa franxa de idade.

A concelleira sinalou que “A Coruña está aberta, máis que nunca, para recibir as e aos deportista para que gocen dunha fin de semana na nosa cidade que, pouco a pouco, recupera o pulso dos eventos deportivos”.

No acto tamén estiveron Xan Ramírez, da Federación Galega de Montañismo, e Cecilia García, directora do evento e adestradora do Club de Marcha Nórdica da Coruña.



16  PERSOAS

Compoñen a selección galega, sendo a metade integrantes do club coruñés


Case douscentos camiñantes competirán na contorna da Torre

Te puede interesar