Cifras que hai que protexer
lll
17º-23º

Cifras que hai que protexer

Cifras que hai que protexer
Lete Lasa reuniuse cos responsables do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia, tras a súa recente constitución neste pasado mes de xaneiro.


Nesta xuntanza, Lete Lasa destacou que “Galicia é líder a nivel nacional en canto a crecemento da participación cidadá na práctica deportiva, especialmente nas zonas rurais” xa que actualmente se estima que case un 40% da poboación galega practica deporte habitualmente.


O sector deportivo galego conta na actualidade cun ecosistema de máis de 2.000 empresas que xeran un volume de actividade superior aos 1.600 millóns de euros e 12.000 postos de traballo,. Moitas das empresas do sector son líderes nacionais na súa especialidade, e estando algunhas delas empezando xa o seu proxecto internacional.


Galicia conta ademais cun relevante número de infraestruturas deportivas das que se estima participan máis dun millón de persoas. Todos estes datos, dixo o secretario xeral, avalan “grandes expectativas de crecemento para as próximas décadas”.


Reducción

Debido a aparición da Covid-19 e a redución do volume de actividade do sector, que en Galicia podería chegar a uns 500 e 600 millóns de euros de perda e a destrución de entre 4.000 e 4.500 postos de traballo, “é importante poñer en marcha iniciativas no territorio dirixidas á reactivación e recuperación dun sector tan consolidado como o do deporte en Galicia”.


Deste xeito, os obxectivos do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia serán impulsar a posta en marcha de servizos innovadores, de calidade e sostibles; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e a posta en marcha de instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; fomentar a captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento: así como fomentar hábitos saudables.


En definitiva, trátase dun espazo no que as empresas asociaranse para proporcionar recursos, capacidades, competencias, medios, formación e asesoramento ao amplo sector relacionado co deporte.

Cifras que hai que protexer

Te puede interesar