A Xunta aposta pola conciliación para rapaces
lll
17º-23º

A Xunta aposta pola conciliación para rapaces

A Xunta aposta pola conciliación para rapaces
A través da iniciativa, máis de 8.000 menores de ata 16 anos realizarán actividades de conciliación da man de 18 federacións deportiva | xoan crespo

Usuario

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentaron na Cidade da Cultura de Galicia o programa de animación sociodeportiva previsto ao abeiro do Plan Corresponsables. A través da iniciativa, máis de 8.000 menores de ata 16 anos realizarán actividades de conciliación da man de 18 federacións deportivas.


Ao abeiro da iniciativa desenvolveranse máis de 500 actividades en arredor de 150 concellos, para o que se habilitarán servizos de coidado profesional que van permitir a contratación de 250 persoas monitoras. O investimento supera os 2,5 millóns de euros.


As accións de animación executaranse a través dos programas das federacións deportivas de baloncesto, balonmán, bolos, boxeo, esgrima, fútbol, halterofilia e hóckey. Figuran tamén loita, montañismo, piragüismo, salvamento e socorrismo, squash, surf, taekwondo, tenis, triatlon e péntatlon moderno e vela.


Segundo sinalou Calvo, o obxectivo é fomentar a práctica deportiva entre a poboación máis nova, achegándolle distintas modalidades e favorecendo así a convivencia e o xogo en equipo desde as idades máis temperás.


O vicepresidente segundo agradeceulles ás federacións deportivas participantes a súa implicación neste programa, co que poden tamén promover a súa actividade e contribuír á xeración de emprego, sinalou que o deporte demostra unha vez máis “a súa capacidade de unión e de contribución ao benestar social e, en especial, ao das familias e da rapazada”.


En 2019 asináronse convenios con federacións para o patrocinio da campaña ‘NON’ contra a violencia de xénero; en 2020 apoiouse a participación dos galegos nos Xogos de Tokio; e o pasado ano reforzouse o plan de patrocinio contra a violencia de xénero dos equipos de alto nivel. 

A Xunta aposta pola conciliación para rapaces

Te puede interesar