Santi Canedo Vilariño (Carballo, 27) foi o mellor xogador do Bergantiños o pasado domingo no partidazo contra o Arosa que o seu equipo gañou por 1-3. Capitán do primeiro plantel e adestrador nas categorías interiores, o Bergan é algo máis que un club para Santi.
A nivel persoal, foi o do domingo contra o Arosa o mellor partido de Santi na liga?
Si, pode ser. Sobre todo a nivel de accións decisivas, sumado a accións máis invisibles cara o afecionado regular, como por exemplo balóns aéreos ou as coberturas a línea defensiva. Son esixente e co pé non foi dos meus mellores partidos a nivel de precisión.
Foi esaxerado o 1-3?
O Arosa fixo méritos para puntuar no partido, non vou mentir. Pero así é o fútbol. Fomos moi eficaces nas áreas. Hai xornadas que nos pasa a nós nas Eiroas. Levamos un par de puntos perdidos polo camiño xa.
Como está Santi Canedo neste inicio de temporada?
Fisicamente está a ser a miña mellor temporada, en gran parte gracias a Pablo Martínez, que é a persoa coa que traballo e considéroo un mentor para min. Mentalmente, tras unha tempada pasada que foi moi dura para min, síntome cun grado máis de madurez respecto aos anos anteriores por todo o vivido, tanto o bo como o malo. No campo síntome moi cómodo, con gañas e, sobre todo, feliz. Sempre penso que cando estou feliz e cando millor rindo, e nese aspecto estou indo polo bo camiño.
Que lle pide Secho a Santi a nivel futbolístico?
Recordo que Secho, ao principio, dicía que quería que o porteiro pasara o máis desapercibido posible nos partidos e eu dixen para min: Imos aburrirnos esta tempo (ri). Secho danos pequenas pinceladas do que quere a nivel ofensivo para cada partido. O resto falámoolo con Julian e, a partir de aí, traballamos os tres tendo en conta cara onde queremos ir.
Como é a competencia co seu novo compañeiro na portería?
Cote ten moito potencial e boas características. Desde que chegou xa mellorou unha barbaridade. Igual non se da conta, pero a nivel mental xa creceu desde que empezamos a tempada. O posto de porteiro require moita paciencia e traballo a medio-largo prazo para e máis cando es xove. Eu non son o mesmo porteiro que cando cheguei ao Bergan nin o da tempada pasada sequera. De feito agora teño o pelo máis longo (ri).
Como leva tantos cambios de adestrador de porteiros nas últimas tempadas?
Cando chega un adestrador novo, sempre trae persoas da súaa confianza. Este ano está Julián e podería decir que Cote e eu estamos encantadísimos. Nótase que aínda ten na súa cabeza a mentalidade de xogador porque fai pouco que estaba competindo. Enténdenos perfectamente e esíxenos en función das cualidades que temos cada un.
A nivel de equipo, pode dar máis o Bergantiños a nivel de xogo ou xa está alcanzando a súa mellor versión?
Para min non chegamos nin ao 50% do potencial que temos. Temos que seguir traballando e dando coas claves. Temos unha marxe de mellora amplia. O bo é que estamos sacando adiante os partidos e é mellor construir e traballar sobre o que levamos gañado.
Que é o que máis lle está gustando do equipo?
Gústame o fondo de plantilla que temos e as diferentes cualidades que pode dar cada un de nós ao equipo. Quédome tamen coa adaptación rápida a cada partido segundo as necesidades. Ir a Viveiro, Betanzos ou a A Lomba non é sinxelo. Non estamos sendo ‘parvos’.
Sorprendeulle algunha fichaxe?
Salvo os de fóra como Longo e Musy, que non os coñecía pero son dous dianteirazos, o resto tiña idea de como eran máis ou menos. Quen mais me sorprendeu foi Álex Lorenzo. Ten unha madurez para a súa idade incrible e a nivel de xogo ten moi bo pé e moito recorrido. Agradezo telo no meu equipo. Non sei que hai nas canteiras de Galicia, pero ten un potencial que promete se ten paciencia e segue traballando.
Como é o ambiente do vestiario do Bergan esta tempada?
Moi bo. Somos un bo grupo humano. A pesar de haber moitas caras novas, encaixamos moi ben. A longo prazo vainos facer sacar moitos puntos e, se chegan malos momentos, saír deles rapidamente como grupo.
É un orgullo ser o capitán do equipo do seu pobo?
Sí, é unha dobre responsabilidade e non teño problema de asumila. Faime medrar como persoa e futbolista. Enorgulléceme porque ten o dobre significado de ser capitán do club de toda a túa vida.
É o Bergantiños o máximo favorito para gañar a liga?
Un dos favoritos sen dúbida. O paso das xornadas poranos no noso camiño.
Cales serán os rivais a batir?
Diría que Ourense, Arosa, Rápido, Alondras e Celta C.
Non conseguir o ascenso sería un fracaso?
Vou contestar como bo galego: Que se considera fracaso? Sería un fracaso tirar 20 veces a portería todas as xornadas e perder puntos? Para min o maior fracaso sería que tanto o club, como o corpo técnico e os xogadores, non poñamos todo da nosa parte para conseguir o obxectivo. Iso si sería un fracaso absoluto. Somos conscientes do obxectivo do club e non conseguilo sería unha gran decepción.
A nivel persoal, que obxectivos se marca Santi Canedo esta tempada?
Os meus obxectivos serían ascender a Segunda Federación e graduarme en Ciencias da Actividade Física e Deporte. A partir de aí estarían os pequenos obxectivos que van emerxendo e os máis inmediatos serían gañar ao Paioasco e un traballo que teño que entregar a finais de decembro (ri).