Juan de Dora: "Adícollo á miña familia e a toda a xente que me apoiou"
lll
17º-23º

Juan de Dora: "Adícollo á miña familia e a toda a xente que me apoiou"

Juan de Dora: "Adícollo á miña familia e a toda a xente que me apoiou"

Usuario

Juan de Dora, dianteiro do Betanzos que non puido celebrar o ascenso a Terceira sobre o campo por unha lesión de menisco, reapareceu na terceira xornada ante o Polvorín e foi titular por primeira vez o pasado  domingo ante o Estradense, ao que o Betanzos gañou por 2-0. “A vitoria foi xusta porque fomos superiores en varios aspectos do xogo e foi merecido o 2-0 para nós”, explica o atacante de Louro.


Juan considera que “fomos mellores tanto de cara a porta en ataque como en defensa. Outro partido máis no que deixamos a porta a cero. Estivemos bastante ben defensivamente”.


Despois de catro xornadas, o Betanzos é segundo. “Ninguén contaba con que conseguísemos nove puntos de doce posibles, pero o equipo fixo unha boa pretemporada. Houbos bos reforzos no verán e temos claro o que quere o míster e facémolo ao pé da letra. Confiamos todos na maneira de xogar e esa é fundamental en que esteamos tan ben agora pero sendo conscientes de que haberá momentos de vacas fracas”.


Juan de Dora apunta que “o que máis me está gustando do equipo é como estamos entrando nos partidos, como estamos sabendo lelos. Cando nos toca baixar o pistón facémolo e aguantamos un pouco atrás e cando vemos que o rival non sabe como atacarnos metémoslle punch e atacamos como debemos. Saímos sempre ao 100% e nunca especulamos”.

 

Plano persoal

Sobre o seu regreso di  que “encóntrome algo achicado despois de tantos meses parado. Neste último partido, Noé sacoume no minuto 81 pero os últimos dez que estiven no campo os estaba a notar no peito”.


A pesar diso, “as sensacións son bastante boas. Os 45 minutos do domingo anterior en Lugo, ben, pero os deste último partido contra o Estradense moito mellor tanto a nivel físico como de sensacións”.


Como non podía ser doutra maneira, estrouse na casa con gol. “A adicatoria foi para a miña familia. Teño unha tatuaxe no brazo e por iso o bicaba na celebración. Adícollo á miña familia e a toda a xente que me apoiou e estivo aí sempre nos que foron os peores momentos. Recibín mensaxes de felicitación dos meus pais e da miña moza”.


Juan apunta que “os obxectivos que me marco son facelo o mellor que poida sempre, dar o meu máximo, o que necesita o equipo e estar sempre disponible para que o adestrador poida contar comigo. A nivel clasificatorio, que non descendemos, conseguir a permanencia sen apuros e, a partir de aí, os goles que entren serán ben recibidos”. Tamén resalta que “non se nos pode subir á cabeza a puntuación que temos. Debemos seguir na misma liña sendo humildes. Con sacrificio e esforzo seguro que conseguiremos o obxectivo da permanencia”.

Juan de Dora: "Adícollo á miña familia e a toda a xente que me apoiou"

Te puede interesar