Iván Cancela: "Asumimos o rol de favorita pero sempre desde a humildade”
lll
17º-23º

Iván Cancela: "Asumimos o rol de favorita pero sempre desde a humildade”

Iván Cancela: "Asumimos o rol de favorita pero sempre desde a humildade”
Iván Cancela é o adestrador da selección galega absoluta | Futgal

Usuario

Chegou a semana da verdade na que Galicia tratará de revalidar o título nacional na Copa das Rexións UEFA. O primeiro asalto será mañá na semifinal ante Castela-A Mancha. O seleccionador Iván Cancela analizou e profundizou sobre como chega o seu equipo e sobre como se presenta o trascendental primeiro choque ao que “iremos coa máxima ilusión”.

 

A escasos dous días da participación de Galicia na fase nacional, que sensacións ten Iván Cancela antes de iniciar a concentración?
As sensacións son moi boas. Estamos moi ilusionados e, ao mesmo tempo, moi responsabilizados por poder deixar a Galicia nun bo posto. Os xogadores están moi enchufados e así o puidemos comprobar no último adestramento en Galicia. Iremos coa máxima ilusión.

 

Fanse longos estes días -luns, martes e mércores- entre os partidos del iga que se xogaron a fin de semana e o inicio da concentración?
Si, estes días fanse moi longos. Estamos esperando a que chegue mañá para viaxar a Madrid e que o balón comece a roder. Son días nos que o corpo técnico está preocupado en que todo vaia sobre rodas e preparar da mellor maneira posible a competición e non deixar nada ao azar.

 

En que consiste o traballo do corpo técnico antes de reunirnos e poder adestrar cos xogadores?
Temos a gran sorte de contar un gran 'staff'. Somos once persoas en total contando equipo médico, utilleros e persoal de comunicación que viaxan con nós. Temos moi organizado e estructurado o traballo de cada un. O noso labor consiste en estar totalmene coordinados, estar cerca dos xogadores, ver partidos, organizarnos para velos, estudiar aos rivais, preparar informes sobre eles e tamén preparar o noso equipo. Hai un longo traballo de análise. Contamos cunha plataforma coa que intentamos mellorar aos xogadores tendo en conta o que nós lle pedimos na selección, tanto a nivel individual como grupo. Na plataforma colgamos tanto aspectos a nivel de vídeo como notas dos puntos reforzar e os cales queremos mellorar.

 

Fala regularmente con todos os xogadores para saber en que condicións están ou fano máis no cara a cara?
Neste aspecto, temos unha comunicación moi fluida cos xogadores e cos 'staffs' dos clubes para saber como se encontra cada xogador en todo momento para ter a máxima información posible e, se hai algún tocado, tratamos de que non participen nas nosas sesións. Temos todo moi ben coordinado. Viaxamos sen Cotilla porque está a punto de ser pai entre hoxe e mañá e temos a Antonio algo tocado pero vai estar en condicións de afrontar esta fase. A única baixa que nos xurdiu foi a de Cotilla para o primeiro partido do venres.

 

Antes de afrontar un partido a vida ou morte, como é o seu día a día? Trata de distraerse dalgunha manera ou obsesiónalle aínda máis a preparación do partido?
Estes últimos días e tendo en conta que xogaremos un partido a vida ou morte como son os de este formato de competición son intensos para min porque intento non deixar nada para o azar, coidar todos os pequenos detalles da concentración, intento ter controlados aos rivais e preparar ben o noso partido. Estes días son bastante intensos e de bastantes horas adicadas a esta concentración.

 

Son fiables os informes dos rivais cando se trata de seleccións autonómicas, nas que poden variar moito as convocatorias, ou non se fían deles?
Os informes son totalmente fiables. Temos tres partidos do último campionato de España de cada selección. Sabemos con anterioridade os xogadores que levan convocados. Hoxe pódese acceder facilmente a partidos de Terceira das outras territoriais. En canto a iso, o acceso á información é moi áxil e temos bastante controlados aos rivais. Iso non quere dicir que non nos poidamos atopar con sorpresas de última hora, con rivais que cambian o plan de partido que, de antemán, pensas que poden levar contra ti, pero nós tamén estamos preparados con plan B e C por se ocorre isto.

 

Que grao de importancia ten o rival na preparación dunha semifinal para o corpo técnico da selección galega?
Dámoslle moita importancia ao rival. Evidentemente, priorizamos o noso equipo en canto a melloralo e a prepararse ben, pero cremos que tamén é moi importante estudar ao rival e, cantos máis datos teñamos del, moito mellor. Sempre hai matices do plan de partido que dependen, evidentemente, do rival. En gran medida é importante ter ben estudados aos rivais.

 

Pódense traballar aspectos tácticos, de plan e estratexia de partido con tan pouca marxe ou céntranse máis no aspecto psicolóxico e de motivación?
Temos a sorte, e non o digo por quedar ben, de que os xogadores que veñen á selección están competindo nunha Terceira Federación que é punteira a nivel estatal. Chegan moi ben traballados tanto a nivel técnico-táctico como condicional. Están en mans de grandes 'staffs' e iso facilita moito o noso labor. Nós intentamos optimizar o tempo que estamos con eles e traballar todas as facetas, incluidas a parte psicolóxica e motivacional pero estes xogadores, cando veñen á selección, fano moi motivados e ilusionados. Tamén traballamos aspectos tácticos, de estratexia de partido, de balón parado... Intentamos traballar todos os aspectos pero sempre focalizando no máis importante porque tempo temos o xusto.

 

O campo no que se vai xogar o partido, a que equipo beneficia?
Creo que o campo no que imos xogar non beneficia a ningún dos dous equipos. Foi cambiado esta semana. Ten unhas magníficas instalacións. Ten unhas dimensións moi grandes e un céspede artificial de última xeración que é realmente espectacular según me trasladaron. Vai ser un escenario moi bo para calquera das dúas seleccións e non pode servir de excusa a ningún dos dous equipos.

 

Xa sexa por lesión ou por algún outro motivo, botas en falta a algún xogador na convocatoria definitiva dos que fixeron os primeiros adestramentos?
Sempre se botan en falta. Nós sempre focalizamos nos xogadores que veñen porque todos son moi importantes, pero é unha mágoa poder deixar xogadores polo camiño por decisión técnica. Doe moito porque son bos futbolistas e tamén poderían estar aquí, pero doe máis aínda que se ausenten xogadores por lesión. Joni era un habitual das nosas convocatorias e non pode estar agora con nós, Fabio tamén é unha baixa moi importante e por temas persoais tamén teremos a baixa case segura de Cotilla para a semifinal. Temos que centrarnos nos xogadores que viaxan e facelo o mellor posible.

 

Faltan, ao mellor, xogadores máis puros de banda no ataque ou é o que buscaba coa convocatoria final?
Para nada. Gústanos moito ese xogador con perfil que se pega á banda, encaradores, de bo un contra un, e levamos varios xogadores: Martín Diz, Santi de Prado, Goitia... Juanín pode xogar aí. Levamos varios xogadores de banda puros e son perfís que nos gustan.

 

Tampouco hai demasiados mediocentros puros. Queda curta a lista de 18?
Evidentemente, temos que elixir entre 18 xogadores. Temos que buscar o punto de equilibrio. Tivemos a baixa de Fabio, pero levamos moi ben combinado o tipo de medios que queremos. Temos a Enjamio, a Kopa, a Álex Lorenzo, Martín Sánchez nalgún partido... En todas as posicións do campo levamos equilibrio. Se viaxáramos con 20 reforzaríamos algunha posición a nivel numérico pero só podemos levar 18.

 

É favorita Galicia por tratarse de vixente campioa?
Asumimos o rol de favorita porque así nolo trasladan pero sempre desde a humildade. O noso camiño foi o de competir ben, traballar ben os partidos e así asumimos o favoritismo por ser a vixente campioa de España, de Europa e por levar 15 partidos sen coñecer a derrota en cinco anos, pero cada partido é diferente, cada partido é unha final e este favoritismo non nos pode levar a equivocarnos.

 

Que saben do rival do venres e como se lle pode botar man?
Temos moita información. Sabemos que é un equipo moi compacto que destaca pola calidade que ten do medio do campo cara adiante, sobre todo con dous xogadores de banda: Octavio e un vello coñecido como Borja Cabanillas. É un equipo con moi bo pé pero, como todos os equipos, ten os seus puntos débiles. Por un lado trataremos de maximizar as nosas virtudes e por outro lado contrarrestar as súas.

 

Haberá apoio de afección?
Esperamos estar arroupados. Sabemos que se van desprazar bastantes familiares dos xogadores e tamén irá algunha xente da Federación e algún galego que anda por Madrid tamén nos comunicou que estará con nós. Non será o mesmo que xogar na casa porque estaremos a moitos quilómetros, pero os que haxa darannos o seu alento e empurrarán igual que os que estaredes na casa seguindo o partido pola televisión. Estamos seguros de que todos empurrarán desde os seus fogares.

Iván Cancela: "Asumimos o rol de favorita pero sempre desde a humildade”

Te puede interesar