Braian Gómez, unha decidida aposta de Pablo Torreira
lll
17º-23º

Braian Gómez, unha decidida aposta de Pablo Torreira

Braian Gómez, unha decidida aposta de Pablo Torreira
Fita abraza a Braian Gómez tras o gol que poñía por diante ao Sofán ante o Montañeros | RAÚL LÓPEZ

Usuario

Braian Gómez (Coristanco, 2000) foi un dos grandes protagonistas da xornada no grupo 1 de Preferente Futgal tras marcar ante o líder. A súa carreira vai da man dun Pablo Torreira que apostou por el cando era xuvenil no Baio e que no dudou en fichalo no seu segundo ano en Sofán.


“A primeira parte foi máis nosa que deles, xa que evitamos o seu xogo combinativo, algo difícil por moito que fora O Carral. Na segunda, por tema físico, foron algo superiores, pero aínda así tivemos algunha ocasión. Penso que puido gañar calquera, polo que o empate foi bastante xusto”, reflexiona sobre o empate fronte ao Montañeros.


“Foi unha pena non aguantar o resultado, pero si. Fomos o único equipo que se puxo por diante contra eles e o segundo capaz de igualar tanto o resultado coma o partido en xeral”, contesta á pregunta de se lle deixou bo sabor de boca.


Braian non escatima coa nota ao equipo ata agora. “Agora mesmo doulle un dez, porque estamos a adestrar como animais e iso nótase cando chega a fin de semana. É a primeira vez que estamos case todos ao cen por cen, cousa que outros anos nos afectou moito, por ter que adaptarnos a posicións que non eran as nosas”, explica. Tan só teñen de baixa ao central Becerra e o dianteiro Javi Souto.


Pero entón, ¿cal é o obxectivo? “O principal é o de todos os anos, a permanencia. Penso que hai que empezar con esa idea e despois segundo vaia a cousa xa podes considerar outros. Tal e como imos, sería moi bonito xogar unha fase de ascenso a Terceira, aínda que os máis veteranos inténtannos quitar esa idea da cabeza aos máis xóvenes”, responde antes de sinalar que aínda é pronto.


A tempada pasada rebasou a barreira dos 3.000 minutos. “Non teño ningún segredo. Vou adestrar todos os días, trato de competir en cada un deles e de esforzarme ao máximo no que me digan os adestradores. Pouco máis, porque non vou ao ximnasio aparte. Iso si, deixei a festa bastante de lado comparado con anos anteriores”, desvela entre risas. “Igual aí está o segredo, porque non é a primeira vez que me da algún aviso no isquio cando non descanso o suficiente”, engade.

 

Cuestión de confianza

Esta é xa o seu cuarto curso baixo as ordes de Pablo Torreira, co que mellorou moito. “Teño moi claro que non é un tema táctico ou físico, que tamén. Vai por diante a confianza que me deu dende o primeiro momento que fichei con el no Baio e creu en min para pasar de xuvenís a sénior. Parece que non, pero é un salto duro, xa que te bates con xente brava que non anda con lerias. O mesmo cando pasei ao Sofán, que supoñía un salto de categoría”, valora Braian.


O extremo recoñece que tiña clara a decisión de firmar polo Sofán no verán de 2023, pero que foi difícil deixar un Baio. “Aprendín moito e tiven uns compañeiros que serán difíciles de superar”, expresa.

 

Etapa formativa

Ese foi o seu primeiro equipo sénior, pero durante a súa etapa na base xogou noutros tres equipos. Comezou nas Escolas Luís Calvo, logo pasou a xogar no Coristanco e por último tivo unha experiencia no Orillamar. “Fixemos un grupo espectacular e aínda manteño unha boa relación con todos eles”, sinala sobre este último.

Braian Gómez, unha decidida aposta de Pablo Torreira

Te puede interesar