Xan Rodiño, Lola e Abel foron os mellores en terras sadenses
lll
17º-23º

Xan Rodiño, Lola e Abel foron os mellores en terras sadenses

Xan Rodiño, Lola e Abel foron os mellores en terras sadenses
Os máis pequenos cos seus trofeos | lab

Usuario

O paseo marítimo de Sada acolleu unha nova xornada, a oitava, da Liga Atlántica de billarda, con boa climatoloxía . Ademáis dos participantes galegos, tamén destacou a presenza do xogador canario, Luis Tomás, do equipo El Palán de Tahiche.

A vitoria en categoría absoluta correspondeu a Xan Rodiño, do Lúa e Forza de Sanxenxo, compañeiro de clube do terceiro, Martín Caneda. Segundo finalizou Óscar Ponte, do Campo da Feira de Paiosaco.

En mulleres, gañou Lola, do Rinoceronte de Pontevedra. A segunda praza foi para Delia, do Chaínzos de Castro de Rei, pechando o podio Marisa, do Lúa e Forza.

En infantís, trunfo para Abel, do Campo da Feira. Kevin e Roy, os dous da APB da Laracha, foron segundo e terceiro respectivamente.

A vindeira cita da billarda galega será o Memorial Moncho Valvarce, programado para o domingo no Pontoxo (As Encrobas). Para a seguinte cita da Liga Atlántica haberá que esperar un chisco máis, ata o 13 de febreiro, sendo o esceario o Parque dos Regos, en Oleiros. 

Xan Rodiño, Lola e Abel foron os mellores en terras sadenses

Te puede interesar