Despois de moito tempo, chegou a carreira solidaria que une Oleiros con A Coruña.
Esta proba, denominada Costa Ártabra, foi presentada pola concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, no Palacio Municipal de María Pita como unha competición que pretende visibilizar a inclusión social.
A saída da proba será ás 10.00 horas, desde o camiño de Bastiagueiro Pequeno, no Concello de Oleiros, e a meta estará no paseo peonil do Parrote, xa na Coruña. O percorrido será, na seu meirande parte, pegado á costa.
Nesta primeira edición, a atleta olímpica Julia Vaquero será a madriña da carreira, que contará coa canción ‘Un día nada más’ como himno. O seu autor, Enrique Villareal ‘El Drogas’, cedeu gratuitamente os dereitos.