Miguel Alvariño, Dani Castro, Roberto Naveira e Dolores Rojas, recoñecidos de alto nivel
lll
17º-23º

Miguel Alvariño, Dani Castro, Roberto Naveira e Dolores Rojas, recoñecidos de alto nivel

Miguel Alvariño, Dani Castro, Roberto Naveira e Dolores Rojas, recoñecidos de alto nivel
Alvariño, campeón de Europa de tiro con arco recurvo | RFETA

Usuario

Os coruñeses Miguel Alvariño,  Daniel Castro (tiro con arco), Roberto Naveira (técnico de judo) e Dolores Rojas (xuíz de atletismo) engrosaron a lista de deportistas de alto nivel (DAN) pola Xunta de Galicia. En total son 92 os novos recoñecementos, con maioría feminina (52 mulleres e 40 homes), para un total de 681.

 

Miguel Alvariño (As Pontes, 28 anos), flamante campión de Europa de tiro con arco recurvo e subcampión por equipos, e Dani Castro (As Pontes, 25 anos), tamén plata continental xunto ao seu paisano e olímpico en Toquio 2020, son os dous nomes máis destacados na última resolución da Secretaría Xeral para o Deporte publicada o 2 de novembro no Diario Oficial de Galicia.

 

Roberto Naveira, dúas veces campión de España de judo, recibiu a consideración de técnico de alto nivel polo seu actual traballo no Club Cambre e na Federación Galega. Asemade, a xuíz de atletismo Dolores Rojas tamén conta co recoñecemento de alto nivel.


Na nova lista DAN pola Secretaría Xeral para o Deporte resaltan tres das mellores representantes do deporte adaptado galego: a esgrimista Judith Rodríguez e a atleta Desirée Vila, ademáis da paratriatleta Susana Rodríguez Gacio, ouro paralímpico en Toquio, que acada a consideración de deportista galega de alto nivel con carácter vitalicio.

 

Con esta última resolución publicada no DOG a comunidade galega contabiliza 681 deportistas recoñecidos, divididos en 595 de alto nivel, 31 de alto rendemento, 29 de rendemento deportivo de base, 12 técnicos, 3 árbitros, 4 xuíces e 7 vitalicios. Destes deportistas recoñecidos, o 62% (422) son homes e o 38% (259) mulleres.

 

Entre os 681 deportistas recoñecidos, cómpre salientar un total de 21 deportistas con diversidade funcional (7 mulleres e 14 homes) que representan o número máis alto da serie histórica. Dende hai tempo, a cifra de deportistas con discapacidade continúa a subir nos recoñecementos de alto nivel, o que mostra o apoio que realiza a Xunta de Galicia en prol do deporte adaptado.

Miguel Alvariño, Dani Castro, Roberto Naveira e Dolores Rojas, recoñecidos de alto nivel

Te puede interesar