Máis de 400.000 euros para equipar aos clubes e deportistas lucenses
lll
17º-23º

Máis de 400.000 euros para equipar aos clubes e deportistas lucenses

Máis de 400.000 euros para equipar aos clubes e deportistas lucenses
O secretario xeral para o Deporte onte aos pés do monumento maís emblemático da localidade | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro con seis equipos desta cidade que recibiron material deportivo grazas ás dúas ordes de subvencións resoltas en 2021 e que acadaron un orzamento total de 2,6 millóns de euros.

En total, as 89 entidades da provincia lucense que foron beneficiarias dalgunha destas liñas de axudas, adquiriron material deportivo por importe de 412.900,93 euros, cunha achega da Secretaría Xeral para o Deporte de 249.529,77.

Máis en concreto, as entidades que participaron onte na recepción foron o Club Ciclista Cidade de Lugo que adquiriu bicicletas, rolos, baca e caixa de primeiros auxilios; o CD Lucus Rally que se fixo con un remolque; o Piragüismo Cidade de Lugo que acadou embarcacións de competición; o Fluvial de Lugo, con embarcacións, pas e chalecos; así como o Judo Club LugoKan e o CD Sagrado Corazón con cadansúa furgoneta. En total, o material deportivo que recibiu estes seis clubs está valorado en preto de 80.000 euros (78.7171,50 euros).



Loita contra a pandemia


Cómpre salientar que estas axudas, ademais do material relativo á práctica deportiva desenvolta, tamén supoñen unha axuda na loita contra a pandemia xa que o material sanitario inclúe equipamento de seguridade e prevención inventariable no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da Covid-19 (mamparas, sistemas de ventilación, sistemas de dispensadores de hidroxeles, sistemas de toma de temperatura, etc.).

Lete Lasa salientou que, no primeiro semestre do ano resolverase a nova orde de subvencións para a adquisición de equipamento deportivo deste exercicio e que volve contar cun orzamento inicial de 700.000 euros.

Cómpre sinalar que, os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas poderán recibir o pagamento do 100% da subvención concedida de xeito anticipado, grazas á autorización do Consello da Xunta.

O financiamento outorgado polo Goberno galego será do 80% do gasto subvencionable establecéndose como importe mínimo unha contía de 1.000 euros e máximo de 10.000 por entidade, equiparándose por vez primeira a máxima contía dos clubs coa das federacións. As entidades que recibiron axuda en 2021 poden volver recibir subvención en 2022. Non obstante as entidades que non recibiran subvención neste exercicio contarán con 20 puntos co obxectivo de achegar estas axudas ao máximo de entidades posibles ao longo desta lexislatura. 

Máis de 400.000 euros para equipar aos clubes e deportistas lucenses

Te puede interesar