Galicia volve rachar o seu teito histórico en deportistas recoñecidos
lll
17º-23º

Galicia volve rachar o seu teito histórico en deportistas recoñecidos

Galicia volve rachar o seu teito histórico en deportistas recoñecidos
A taekwondista coruñesa Helena García é unha das novas deportistas recoñecidas | Patricia G. Fraga

Usuario

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución de 2 de marzo de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa. 


En total, das 83 novas solicitudes presentadas, son 75 os recoñecidos, sendo, 54 deportistas de alto nivel, 4 de alto rendemento e 14 de rendemento deportivo de base, 2 técnicas de alto nivel e 1 xuíza de alto nivel.


Entre estes nomeamentos destacan novos deportistas galegos de alto nivel (DGAN) como David Arcay (pesca), Tono Campos (piragüismo), Helena García (taekwondo), Manuel Míguez (motociclismo), Eva Feijóo e Gabriel Rodríguez  (salvamento e socorrismo) ou Jaime de la Gándara (vela). 


Calicia alcanza de este xeito os 818 deportistas recoñecidos (309 mulleres e 509 homes), divididos en 688 de alto nivel (256-432 homes), 39 de alto rendemento (14 -25), 62 de rendemento deportivo de base (26-36), 14 técnicos (3-11), 3 árbitros (todas mulleres), 5 xuíces (4 -1) e 7 vitalicios (34) . Entre os 818, cómpre salientar un total de 23 deportistas con diversidade funcional (9 mulleres e 14 homes) que representan o número máis alto da serie histórica. 

 

Cómpre lembrar que o novo decreto de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base publicado polo DOG o pasado 29 de setembro de 2020, recoñece novas figuras como o alto rendemento deportivo (práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo) e o rendemento deportivo de base (etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel). O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo.

Galicia volve rachar o seu teito histórico en deportistas recoñecidos

Te puede interesar