Galardóns e homenaxes na Gala do Ciclismo de Boiro
lll
17º-23º

Galardóns e homenaxes na Gala do Ciclismo de Boiro

Galardóns e homenaxes na Gala do Ciclismo de Boiro
Presentación da Gala | Cedida

Usuario

A Gala Ciclismo Galego recupera en Boiro a normalidade previa á pandemia. Se no 2022 a Federación Ciclismo Galego (FCG) volveu celebrar a súa gran festa -a partir das 19.45 horas na Casa da Cultura 'Ramón Martínez López- despois da paréntese do ano anterior, pero fíxoo aplicando estritas medidas de prevención sanitaria, esta vez o protocolo principal consistirá en recoñecer traxectorias sobranceiras e aos mellores ciclistas da última temporada.


A nómina de galardoados superará a barreira das dúas centenas. A FCG entregará os premios correspondentes á pasada campaña dos seus rankings de Ciclocrós, Estrada e das especialidades de BTT, ademais de distinguir aos corredores que se subiron ao podio nos Campionatos de España e nas xerais das Copas estatais.


Xunto cos galardóns, tamén se recoñecerá as  distinguidas traxectorias de Alejandro Marque, un dos mellores ciclistas profesionais galegos do último decenio e que se retirou ao remate da pasada campaña, e o xuíz árbitro Arturo Roig Pereira. 

Galardóns e homenaxes na Gala do Ciclismo de Boiro

Te puede interesar