O campo de rugby da Universidade de Ourense albergou a pasada fin de semana as fináis da Copa. Na feminina participaron o anfitrión Auriense, Herdeiras de Dhais, Estrela Vermelha Santiago, Fillas de Breogán Coruña e un combinado Turonia Gondomar-Independiente de Vigo.
Tras unha fase de grupos todos contra todos, clasificaríanse para a final o Auriense e o Estrela Vermelha, levando o título as compostelanas por 18-12 e acadando deste xeito un doblete Liga-Copa nesta tempada. O terceiro posto sería para Turonia+Independiente tras vencer 10-4 ao Fillas.
Desputábase tamén a Final Four do All-Galicia masculino (inspirada no famoso All-Ireland, a competición máis importante de fútbol gaélico), á que se clasificaron pola vía directa Fillos e Herdeiros de Dhais, e na repesca Estrela Vermelha e Keltoi Vigo.
Sería este último o que proclamaríase campión ao imporse a Fillos nas semifinais e ao Herdeiros na final, que se deciciu nos últimos intres porun 24-23, certificando o primeiro dobrete do clube despoís de acadar a Copa Galega no pasado mes de marzo. O podio completaríao Estrela Vermelha ao vencer 20-10 a Fillos de Breogán, que malia o resultado nesta competición, este ano celebran a consecución da súa segunda Liga Galega consecutiva.
A entrega de trofeos estivo a cargo do Vicepresidente de Ourense da RFGF, Jose Manuel Fernández, e a presidenta do clube anfitrión Auriense, Lucía Vázquez.
Esta xornada supón, a falta da Final Four Shield (consolación), o peche das competicións en Galicia. O sábado 28, os equipos galegos desprazaranse a Valencia e a Lisboa para desputar as fases fináis do Campionato Ibérico.