O equipo coruñés Fillas de Breogán viaxa a Lyon para disputar o Paneuropeo de fútbol gaélico
lll
17º-23º

O equipo coruñés Fillas de Breogán viaxa a Lyon para disputar o Paneuropeo de fútbol gaélico

O equipo coruñés Fillas de Breogán viaxa a Lyon para disputar o Paneuropeo de fútbol gaélico
Fillas de Breogán, na celebración do torneo de 2019

Usuario

O equipo feminino de fútbol gaélico da Coruña, Fillas de Breogán, vai participar no Torneo Paneuropeo de fútbol gaélico que se celebrará en Lyon (Francia) este sábado 19 de outubro.


O Torneo Paneuropeo é o campionato de clubs de fútbol gaélico máis importante a nivel europeo, e este ano celebra a súa vixésimo segunda edición. Os equipos divídense en diferentes categorías en función da súa posición nun ranking europeo, e compiten por diferentes trofeos.


No caso de Fillas de Breogán, esta será a súa sexta participación nun Paneuropeo tralas edicións celebradas na Estrada (2015), Maastricht (2017), Viena (2019), A Coruña (2022) e A Haia (2023). Nos últimos anos Fillas de Breogán competiron na categoría Intermediate, alzándose co trofeo no ano 2019 en Viena, aínda que tamén cómpre subliñar o subcampionato sénior do ano 2017.


A Coruña foi sede do XX Torneo Paneuropeo en 2022. Esta competición trouxo á cidade uns 500 deportistas de toda Europa divididos en 13 equipos femininos e 20 masculinos.
 

Historia do equipo

A Coruña Fillos de Breogán é o primeiro club de fútbol gaélico de Galicia, fundado no ano 2010. O club disputa tanto as competicións galegas coma o Campionato Ibérico e o Torneo Paneuropeo. Os seus encontros como local celébranse na Cidade deportiva Arsenio Iglesias da Coruña.


O club dispón de seccións feminina, masculina e, desde o ano 2023, de veteráns.

 

Fu00fatbol gau00e9lico
Imaxe dun partido disputado por Fillas de Breogán

O equipo coruñés Fillas de Breogán viaxa a Lyon para disputar o Paneuropeo de fútbol gaélico

Te puede interesar