Culleredo acolle unha nova xornada do torneo
lll
17º-23º

Culleredo acolle unha nova xornada do torneo

Culleredo acolle unha nova xornada do torneo
A pista de xogo estará ubicada na praza da Igrexa de Vilaboa | Cedida

Usuario

A Copa 5x5 Deputación da Coruña - Balonmán na Rúa leva o balonmán ás rúas de sete concellos da provincia, nun  proxecto dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos, que se achegarán este atractivo deporte dunha forma lúdica e divertida.


En concreto, a localidade de Culleredo será a sede, este domingo, dunha nova xornada deste  fantástico torneo, no que compiten 24 equipos de nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.


“Estou segura de que levar este deporte á rúa fará que moitos nenos e nenas o descubran e se animen a practicalo. A nosa idea é crear un evento importante para que a xente goce do espectáculo do balonmán, onde temos unha gran canteira con deportistas”, afirmou a deputada de Deportes, Cristina Capelán.

 

Gran despliegue

Para o torneo disporase, na praza da Igrexa de Vilaboa, unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos.


A pista disporá de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas, emisión en directo en streaming e dron para as tomas aéreas do evento. Todos estes elementos configuran un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán  os principais protagonistas.


O alcalde de Culleredo e deputado provincial de Emprego e Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, será o encargado de entregar os premios aos equipos gañadores, sobre ás 14.00 horas do domingo, desta nova xornada do torneo Balonmán na Rúa. 

Culleredo acolle unha nova xornada do torneo

Te puede interesar