As instalacións deportivas do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA),situado na vila de Ponteceso, acolleu a 14ª xornada da Liga Atlántica.
Antes do comenzo da xornada fixeronse dous actos: un galardón a Jose Gándara Martínez por a súas 100 Xornadas de billarda; e o saque de honra do directordo Melga, Ricardo Pérez y Verdes.
Ademáis pasou o de todas as xornadas da xente que quería xogar e este ano non se podía a non estar federados, apareceron Lisa e Bruce una parella de Denver (Estados Unidos) que dixeron que era como un xogo do seus país chamado ‘dainty’ e que querían saber como se xogaba a billarda desde a organización un interprete explicoulles e practicaron e levaron un gran recordo.
Na categoría Absoluta masculina impúxose Xan Collazo, do Campo da Feira-Paiosaco, por diante de Xan Rodiño (Lúa deForza-Sanxenxo) e de David (Cochiquelros-Cerceda). Na feminina a vencedora foi Mercedes (APB-A Laracha). Tamén subiron ao podio Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo) e Sonia (Cochiqueiros-Cerceda).
O mellor infatil foi Lucas (Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e de Kevin (APB-A Laracha). Por equipos gañou o Campo da Feira-Paiosaco, seguido do Cochiqueiros-Cerceda en do APB-A Laracha.
A vindeira xornada, que terá lugar na Laracha, será a penúltima desta temporada.