A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou a primeira edición da carreira RUNKI, unha proba de atletismo ao aire libre que percorrerá sete quilómetros polo centro da cidade o próximo domingo 5 de xuño.
Esta carreira está organizada por ENKI e a Fundación ADCAI e o único requisito para participar é facelo disfrazado de superheroe. A carreira RUNKI será un acontecemento único en España e estará aberta a todo o público, independientemente da súa condición física ou idade.
Os participantes, un total de 5.000, poderán participar correndo, andando ou en cadeira de rodas adaptada, sempre que acudan disfrazados.
O percorrido será de sete quilómetros e atravesará os grandes puntos de interese do centro da cidade, como son o Paseo Marítimo, a Torre de Hércules o castelo de Santo Antón ou as galerías da Mariña.
“O Goberno municipal está plenamente comprometido coa inclusión e a accesibilidade na nosa cidade. O noso modelo busca unha Coruña más amable e accesible para as persoas”, apuntou Inés Rey, que sinalou tamén o compromiso do Concello coa inclusión no deporte, algo que tamén se constata na carreira de obstáculos ENKI.
O evento estará marcado durante a súa celebración por numerosas sorpresas e espectáculos de música e animación. Poderase participar de maneira individual ou en grupo, contando con ofertas para empresas. Os gañadores absolutos acadarán a participación nalgunha das principais maratóns de Europa.
As inscricións están abertas na páxina web do proxecto ENKI. A carreira RUNKI contará coa presenza de colectivos de corredores e corredoras con cadeiras de rodas.
Por outra banda, RUNKI outorgará cada ano unha bolsa para cumprir un soño deportivo dun colectivo. Este ano os beneficiados son Mario, Inés y Pedro (Marines ENKI), que poderán participar na maratón de Nova York. Os tres recibirán o sábado unha homenaxe o sábado antes do encontro de fútbol sala de Segunda División Femenina entre o 5 Coruña e o Txantrea KKE.