O Campo da Feira foi o mellor equipo na area da praia de Bastiagueiro
lll
17º-23º

O Campo da Feira foi o mellor equipo na area da praia de Bastiagueiro

O Campo da Feira foi o mellor equipo na area da praia de Bastiagueiro
Os palanadores compartiron o areal oleirense con multitude de xente que estaba a practicar outras modalidades deportivas como o surf e o fútbol | l.a.b.

Usuario

A oleirense praia de Bastiagueiro foi o impresionante escenario da 11ª xornada da Conferencia Noroeste da Liga Atlántica, que compartiú o areal con multitude de xente que estaba a practicar diversas modalidades deportivas: surf e fútbol maiormente. No extremo oeste da praia, a billarda estableceu tres magníficos campos de superficie mixta. 
 

Na categoría feminina gañou Merche (APB-A Laracha), por diante de (Lúa de Forza -Sanxenxo) e Auri (Campo da Feira-Paiosaco). Na infantil impúxose  Valentin (Filloas de Sangue-A Coruña), seguido de Miguel (Campo da Feira) e Kevin (APB). Na absoluta venceu Juan Carlos (Campo da Feira), con Óscar Ponte (Campo da Feira) e Roi (APB) completando o podio. Por equipos,  Campo da Feira gañou a APB e Cochiqueiros-Cerceda. 
 

A vindeira xornada disputarse o 23 de abril en As Encrobas (Cerceda), retransmitida pola G2 e onde xogaranse as plazas para a Copa Galicia.

O Campo da Feira foi o mellor equipo na area da praia de Bastiagueiro

Te puede interesar