billarda | Juan Carlos, Marisa e Abel, os mellores no paseo do Burgo
lll
17º-23º

billarda | Juan Carlos, Marisa e Abel, os mellores no paseo do Burgo

billarda | Juan Carlos, Marisa e Abel, os mellores no paseo do Burgo
O bo tempo acompañou en toda a xornada | lab

Usuario

O paseo marítimo do Burgo foi o esceario da decimaterceira xornada da Conferencia Noroeste da Liga Atlántica.

O bo tempo e a afluenza de xente foron as notas predominantes nun día no que triunfou o Campo da Feira, tanto a nivel individual como por equipos. E é que os de Paisaco foron os mellores por conxuntos, acabando segundos Billardeiros Musicais de Ribadeo e terceiros Filloas de Sangue da Coruña.

Juan Carlos (Campo da Feira), gañou a clasificación absoluta, por diante do seu compañeiro de clube Óscar Ponte. Pechou o podio Roi, da APB da Laracha.

Na competición feminina, impúxose Marisa, do Lúa e Forza de Sanxenxo. Subcampionato para Aroa (Billardeiros Musicais) e terceira praza para Sonia (Cochiqueiros de Cerceda).

Finalmente, entre os infantís o mellor foi Abel (Campo da Feira). Superou a Valentín (Filloas de Sangue), segundo, e a Roy (APB), terceiro.

Posteriormente celebrouse a entrega de premios, ca presenza dos concelleiros de Deportes e Xuventude de Culleredo, Miguel Suárez e Abraham Seijas respectivamente. Ademáis dos trofeos para os mellores, todos os participantes recibiron unha medalla conmemorativa desta xornada de billarda en Culleredo.

A seguinte proba da Liga terá lugar a semana que ven, o domingo 22, no Melga de Ponteceso. 

billarda | Juan Carlos, Marisa e Abel, os mellores no paseo do Burgo

Te puede interesar