Alberto Fidalgo: “Descubrín a marcha nórdica por unha charla”
lll
17º-23º

Alberto Fidalgo: “Descubrín a marcha nórdica por unha charla”

Alberto Fidalgo: “Descubrín a marcha nórdica por unha charla”
Alberto Fidaldo proclamouse campión galego de marcha nórdica na proba disputada na contorna da Torre de Hércules | Cedida

Usuario

Alberto Fidalgo, do Club Marcha Nórdica A Coruña, é o actual campeón galego na modalidade de individual e por equipos de marcha nórdica. 


O lucense, licenciado en Educación Física, comezou neste deporte grazas a una charla a que asistiu no 2015.
“A min sempre me interesou moito o deporte, e no 2015 fun a unha charla, que tiña parte teórica e parte práctica, sobre unha nova disciplina deportiva que se chamaba marcha nórdica”, comeza.


“Alí dixeron cousas moi interesantes e vin que podía ter moitos beneficios e iso gustoume moito. Entón, fun con ánimo á práctica onde confirmáronse as miñas sospeitas”, lembra Alberto.


Curiosamente, a persoa encargada de impartir esa charla foi unha muller pioneira en Galicia, Cecilia García. Ela foi quen introduce, na nosa comunidade, esta nova práctica.


García, responsable de Salud y Movimiento en Coruña. Ela –un dos colaboradores de Alberto xunto con Casa Grande de Xanceda, Marathon Running Shop e Movendo–, foino introducindo neste mundo ata que por motivos laborais o deportista lucense deixouno.


“Cecilia e máis eu fixemos moitos proxectos xuntos pero  a cousa quedou parada porque sairon outras actividades laborais e tiña pouco tempo”, indica e engade que “a pesar diso, sempre tiña os bastóns no meu paraugüeiro para empregalos. Ás veces, cando viña dun trail e estaba fatigado nas pernas, empregábaos para soltar as pernas ou para recuperar algunha lesión”, sinala.

 

Aparece o verme da marcha nórdica

Ese verme por seguir practicando a marcha nórdico aparecu con moita forza a finais do ano 2021 e comezos do 2022. “Foi nese instante no que descubrín que en Galicia se organizan competicións nacionais e díxenme que tiña que competir”, afirma Alberto Fidalgo. 


Casualidades da vida, o deportista de Taboada estaba falando cunha compañeira de traballo cando esta lle comentou que ía participar nunha proba en León. Ela animouno e el aceptou.


Con todo, non as tiña todas consigo porque “naquel momento eu non tiña a técnica pero preocupeime en mellorala un pouco porque na marcha nórdica non todo é correr, e decidín ir. Saíume bastante ben e engacheime ata agora”,  di.

 

A aterraxe no club coruñés 

Coas ganas de competir en máis probas e seguir entrenando para mellorar a súa técnica, Alberto Fidalgo enrólase no Club de Montaña de O Cordal da cidade de Lugo.


“Decidín unirme a ese club porque permítiame entrenar e participar nas competicións galegas e así seguir coñecendo máis sobre este deporte”, indica o deportista. Pero, en seguida, a falta de obxectivos e as súas gañas por seguir medrando leváronlle a recalar no Club de Marcha Nórdica de A Coruña. 


“Eu xa vivía na Coruña e como na marcha nórdica somos poucos e eu falo moito, fun facendo amistades ata que din con algúns que estaban no club de Coruña”, di e agrega que “a relación era tan boa con esa xente que me chamou o presidente do club, para ficharme a min e a outros para facer un equipo campión”.
El, como xa fixera cando comenzar a súa aventura, no o dubidou e aceptou a oferta. O que viño despois non puido ser mellor. 


“Foi una gran decisión porque, aínda que aprendín moito no club de Lugo, só foi unha toma de contacto. No de Coruña, vinme moi cómodo e decidín marcarme uns obxectivos algo ambiciosos: ser campión galego”, afirma.

 

Cumprindo os obxectivos marcados

Aínda que era unha empresa complicada, Alberto Fidalgo conseguiuno e con creces.
Pois tivo unha temporada magnífica na que acadou os campionatos  galegos nas modalidades de individual de por equipos. Ademais, sumoulle a Copa Xunta de Galicia. Pero o máis especial foi o individual pois logrouno na proba desta pasada fin de semana na Torre de Hércules.


“Esta proba foi moi dura e non polos 15 quilómetros, senón pola presión que me puxera e polo percorrido nos primeiros instantes onde os tacos non agarraban”, apunta Alberto Fidalgo. Aínda así, logrou sobrepoñerse rapidamente e meterse no grupo de cabeza. Cando o logrou “comencei a tirar de estratexia para que os demais se desgastasen e cando vin o momento, ataquei para poñerme primeiro”, rememora.


A partir de aí, avanzou sen mirar atrás pero topouse cun rival a 500 metros da meta. “Os dous íbamos dándoo todo, rozando una tarxeta amarela porque o árbitro ía con nós” indica e engade “pero eu fíxellen lle caso e o meu rival e foi sancionado polo que logrei a vitoria final e campionato”, sinala de xeito alegre o lucense.

 

Pensando en metas máis importantes

Unha vez conquistado ese obxectivo, Alberto xa pensa no seguinte. “Gustaríame acabar o ano no top-10 a nivel nacional, será difícil pero vouno intentar”, afirma.


A súa oportunidade chegará o 11 de novembro coa celebración da Copa de España en Ceuta. Pero antes, irá coa selección galega de marcha nórdica a Sevilla para tentar conquistar o campionato de seleccións autonómicas. 

Alberto Fidalgo: “Descubrín a marcha nórdica por unha charla”

Te puede interesar