O Ventorrillo racha récords do Circuito Coruña Corre
lll
17º-23º

O Ventorrillo racha récords do Circuito Coruña Corre

O Ventorrillo racha récords do Circuito Coruña Corre

Usuario

A oitava edición da carreira do Ventorrillo pulverizou as súas marcas de inscrición. O prazo para apuntarse á proba que se celebrará o vindeiro domingo 6 de novembro pechouse con máis de 2.000 persoas inscritas entre todas as categorías.


A sexta e penúltima cita do circuíto Coruña Corre 2022 tivo que aprazarse por unha borrasca e pasou da súa data orixinal, o 23 de outubro, ao primeiro domingo de novembro, o que supuxo a apertura dun novo prazo para anotarse a ela ou, na súa falta, comunicar a baixa.


Finalmente, foron 2.019 as persoas que se inscribiron para correr no Ventorrillo, das que 1.025 apuntáronse á carreira absoluta e 516, á de peques.


É a inscrición máis numerosa do circuíto de carreiras populares da Coruña despois da proba Torre de Hércules.


A cifra, iso si, está condicionada polo adiamento da proba e terá que referendarse o vindeiro domingo no Ventorrillo.


En todo caso, superou os rexistros das sete edicións anteriores desta carreira de Coruña Corre, tamén os da proba aprazada en outubro. Entón, eran 1.762 persoas inscritas, con 907 na proba absoluta e 432 na de peques.


Con máis de medio milleiro de peques, a do 6 de novembro bate, por ampla marxe, o mellor rexistro desta tempada nesa franxa de idade, o dos Rosales, que chegou a 330.

 

Clasificacións
A falta das probas do Ventorrillo e Novo Mesoiro (27 de novembro), Álvaro Presedo lidera a clasificación individual do circuíto Coruña Corre por diante de Abdelaziz Fatihi, segundo, e Álvaro Marín, terceiro. Na categoría feminina a primeira clasificada do ranking e Uxía Rodríguez, seguida por Nerea Sánchez, segunda, e Nati García, terceira.


Juan Cañizo, Ainoa Gontán (sub-18), Juan Bouzón, Alba Pena (sub-16), Adrián Paz, Alba Morales (sub-14), Hugo Oubel, Lucía Ageitos (sub-12), Hugo Cordal, Paula Morales (sub-10), Mateo Cousillas e Sienna López (peques) encabezan as súas respetivas categorías despois da celebración de cinco probas. A loita polo primeiro posto do circuíto seguirá o domingo no Ventorrillo. 

O Ventorrillo racha récords do Circuito Coruña Corre

Te puede interesar