Víctor Senra: “A clave é rodearse dos mellores, ter un gran equipo e un gran copiloto”
lll
17º-23º

Víctor Senra: “A clave é rodearse dos mellores, ter un gran equipo e un gran copiloto”

Víctor Senra: “A clave é rodearse dos mellores, ter un gran equipo e un gran copiloto”
Víctor Senra celebrando su victoria en el Rally Rías Baixas, que pertenece a la Copa de España de Asfalto | José Lores

Usuario

Víctor Manuel Senra Dumbría (23 de xullo de 1984, Dumbría) continúa ampliando a súa lenda. Nesta tempada, o piloto de ralis galego acadou novos éxitos que lle serviron para facer historia neste deporte. O corredor de Dumbría proclamouse, por sexto ano consecutivo, o Campeonato Galego co que superou os cinco títulos do seu pai, Manuel Senra, e igualou, con seis, a Germán Castrillón, palabras maiores.


Pero non contento con ese gran logro, Víctor Senra tamén conquistou a Copa de España de Asfalto, ao vencer no Rally del Norte de Extremadura. Para máis inri, non o fixo co seu coche, Skoda Fabia R5 Evo, senón co Hyundai i20 do seu gran amigo, o piloto carralense Iván Ares.

 

Antes que nada, como estás despois de esta temporada tan incrible?
Todo moi ben. Moi feliz por haber gañado o Campeonato Galego e a Copa de España de Asfalto. Foi un ano fantástico.

 

Cal dos dous logros acadados te emocionou máis? 
Os dous emocionáronme por igual. Son dous campeonatos distintos e calquera dos dous fixo ilusión porque hai moito traballo detrás para conseguilos.  Os dous foron moi especiais para min.

 

Cal foi a clave para consiguilos? 
Eu creo que roderarse dos mellores, ter un gran equipo, un gran copiloto. É un traballo no que tes que facelo mellor posible, antes da carreira e despois. Ese é un traballo clave.

 

Emocionouche superar a teu pai, Manuel Senra, en Campeonatos Gallegos co último que lograste?
Para min é un campeonato máis que me sirve para empatar a Germán Castrillón en Campeonatos Galegos, que é algo que é historia así que estou moi orgulloso de habelo conseguido.

 

Teu pai meteuche no mundo dos ralis, que aprendiste del?
Levo desde os 12 anos correndo en karting así que sempre se collen cousas. Ao final, fun aprendendo un pouco de todo co paso do tempo.

 

Lembras algún consello en particular?
Díxome que disfrutara moito de todas as carreiras.

 

Antes mencionaches a Germán Castrillón, co que empatas en Campionatos Galegos, tes a intención de superarle no curto prazo?
Sí, a intención no solo é supera a Germán, senón seguir correndo e logrando victorias e títulos. Ese é o o obxectivo.

 

No tocante á Copa de España de Asfalto. Confiabas, a principio de tempada, en que podías gañala?
Evidentemente, o obxectivo era gañala. Eu creo que calquera piloto sempre pensa en gañar, senón vas mal. A idea sempre é pelexar por conseguir a maior cantidade de victorias. Veíame con opción, tenía un buen equipo e que, dende o primeiro momento, estábamos preparados para gañar. Sempre confiábamos.

 

Asemade, conseguiches o título gañando o último rali, o de Norte de Extreamdura, e co coche de Iván Ares. Como se chegou a esa situación?
O equipo xa sabía que non disponía dun Skoda, porque coincidía con outras probas. Iván Ares, que é un gran amigo meu, non dubidou en deixarme o coche. Chegamos ao rali e adaptaeime a el no primeiro metro. So o probei no shakedown e disfrutei como un enano, tanto co coche coma co seu equipo porque somos un grupo de amigos. A verdade é que foi moi bonito gañar en Extremadura rodeado dos meus amigos.

 

Xa que che trouxo boa sorte, ¿volverías a pedirlle o coche?
Se é necesario, sabe que eu sei que, pola súa parte, non vai a haber ningún problema, e pola miña tampoco. Non vai haber ningunha duda porque somos moi amigos.

 

Esa amistade xurdiu polos ralies ou grazas aos vosos pais?
Un pouco sí. Empezamos moi novos a correr e empezamos a ter una amizade de amigos persoais. Coñecémonos de hai moitísimos anos. O que é meu e del e ao revés. Iso témolo claro. 

 

Aparte deses dous campeonatos, este año triunfaste en varios ralis, cal foi o máis especial?
Eu creo que todos che fan ilusión. Agora non recordo un en concreto, pero quizais serían os últimos porque, cando tes o campeonato a tiro, dis: veña que xa o temos, xa o gañamos. Mais ou menos, todos che fan ilusión.

 

Houbo algún rali, que corriches esta tempada, que te gustaría ter gañado?
O único creo que sería no tiven un accidente moi forte mentres estaba pelexando o rali con Efrén Llanera, na súa casa (refírese ao Rallye Cristián López). Ese era un rali ao que quería meterlle carreiras e por ambición, tiven un forte golpe. De feito, ese e o de Coruña con Iván Ares, no que tiven unha bonita loita pero so puiden ser segundo, creo son os únicos  que non gañei. De todas formas, quedará pendiente a revancha.

 
Cal é o seguinte obxectivo que se marca Víctor Senra?
Seguir disfrutando das carreiras.

 

Confías en repetir estes éxitos o vindeiro ano?
Seguramente, para o ano, faga menos carreiras. É un esforzo moi grande e este ano penso que foron demasiadas.  Este mes pensaremos no que facemos e planificaremos a tempada, e ver que decidimos facer.

 

Plantexaríaste correr as carreiras con máis tradición?
Igual correría o Campeonato Galego e algunha carreira que me faga ilusión. En principio, temos que pensar, valorar e decidir que imos facer.

 

Podería estar, nese valoración, algunha proba do Mundial?
Non creo. Hai uns anos, fixen tres Cataluñas, entón non me plantexo volver a correr algunha proba dese estilo.

 

Tes algún sono por cumplir no mundo dos ralis?
Non. A verdade é que sempre tiven a sorte de poder cumplir os meus obxectivos que podían ser alcanzables. Eu estou feliz porque todo o que puiden facer, fíxeno.

 

Como xurdiu ter a Son Goku no  teu coche e nos monos que empregas nas competicións?
Era algo que sempre veía de pequeño. Xurdiu un día e decidimos facer uns monos con él. Logo dedicámonos a seguir a tradición.

 

Seguirás levándolo nos teus monos e no teu coche?
Si. Déronme moita sorte e aí seguirán porque espero que o sigan facendo.

 

Todo o mundo do motor está comentando a polémica que houbo no Rally de Ribeira, queres facer algunha aclaración do que aconteceu?
A verdade é que hai pouco que comentar. É fácil porque eu tiña todo correctamente. O problema de todo é simple son 300 euros que se hai algún problema na verificación, tiñan que dicilo. Por min xa estaba feito. Eu pensaba que estaba feito. E máis, eu fixera o pago conforme estaba listo. Eles cometeron un error moi grave, sobre todo polas formas. A min o que me molestou foron as formas. Nunha carreira non podemos molestar a un piloto amenazándolo con que lo vas a excluír cando esta saíndo dun tramo, que foi onde mo fixeron. Hai que ser profesionais. Cada un ten que disculparse polos seus errores e se foi algo mal, me exclúen e punto, pero nunca poden poñer a un piloto nervioso dentro dunha carreira. Eso non pode pasar, nin a min nin a nadie. Hai que ser competentes e listo.

 

Ademais, podes poñer en risco a moitas persoas se descentras, desa maneira, a un piloto. 
Xa non pensar en iso. Eu creo que é un tema que non ten importancia. Para min é un tema totalmente sin importancia dun coche que trouxen, como novedad, que non levaba pegatinas miñas, solo levaba as obligatorias. Eu daba por entendido que iso xa estaba, e na verificación, de catro que levan, verifiquei con unha. Entón xa non deberían facelo. Logo me chama e me din que estaba excluido. Creo que había formas para solucionarlo sen dar ningunha importancia. Para min é un tema que non tiña ningunha importancia en absoluto. Pero houbo alguen que lla quixo dar. A escudería, na que hai 80 personas, e por culpa de dous quedan os outros igual. 
O rali, independientemente diso, foi espectacular, de dez. A verdade é que foron seis tramos, con moi poucos kilómetros de enlace, tramos precios. En canto a organización, foi todo de dez.

 

Entón, a pesar deses problemas, repetirías participación no Rally de Ribeira?
Si, ademais de que gañei o rali no tramo final. Era un rali no que ía a disfrutar. De feito, como copiloto ía a miña moza. Era un rali que tivo moito traballo detrás para poder salir. E máis, cheguei xusto co coche para poder verificalo. A idea era disfrutar e que os aficionados tamén o fixeran. Creo que non merezo esas chamadas que recibín dalgún membro da organización, que me trataron mal. O que din ou o que deixan de dicir, ao fin e ao cabo, era uha pegatina de 300 euros, pagada por min, que teño o xustificante de pago. Nunca falei disto e non quixen entrar. 
O pago estaba feito e eles seguían erre con erre. Eu creo, que coa categoría deste rali, de todo, é un error por parte deles. As miñas palabras, ao final do tramo, moitos din que estiveron mal. Eu creo que, en quente, falei demasiado ben. Eu sempre digo o que penso e non penso calar co que penso que está ben ou o que está mal. Se as miñas palabras foron equivocadas, pido perdón a quen se sinta ofendido.

 

Como foi a experiencia de correr coa túa moza?
Algo moi especial e bonito. Ademais, facelo así, cun World Rally Car, hai que darlle a noraboa. Estivo a altura e pudo gañar o rali. Para min é algo difícil de facer. De feito, íbamos co equipo de Álvaro Muñiz, que é moi amigo meu, é que foi un rali para disfrutar deses momentos. Lamentablemente, esa situación que comentamos antes son as que che quitan as gañas, pregúntasche se vale a pena. Eu creo que aos pilotos hai que axudalos igual que nós axudamos ás organizacións.

 

Sen esa unión entre piloto e organización, non se crea este espectáculo tan bonito.
Eu creo que o espectáculo fue moi bo. Disfrutei moitísimo porque foi unha carrera moi bonita, onde estiven pelexando con Alberto Meira ata o final da proba. Disfrutei moitísimo, como un enano.

Víctor Senra: “A clave é rodearse dos mellores, ter un gran equipo e un gran copiloto”

Te puede interesar