Xabier Díaz e María Pita renden homenaxe a Arsenio Iglesias
lll
17º-23º

Xabier Díaz e María Pita renden homenaxe a Arsenio Iglesias

Xabier Díaz e María Pita renden homenaxe a Arsenio Iglesias
Ambiente durante a actuación de Xabier Díaz | Quintana

Usuario

Onte, no escenario de María Pita era a quenda da música de raíz galega, coa actuación do coruñés Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que gardaron un oco no escenario para múltiples agrupacións culturais da terra. Pero tamén gardaron un oco para render unha homenaxe musical ao 'Raposo de Arteixo'.

 

Nun momento do concerto, Díaz, enfundado na camiseta do Dépor cantaba un 'hai unha estrela no ceo que alumea con firmeza, a do 'Raposo de Arteixo', a de don Arsenio Iglesias", e mentres o músico herculino mandaba un bico ao ceo, a plaza de María Pita, ao unísono, entonaba o 'Vivir na Coruña'.

 

 

E como se apuntaba, no escenario non estaban sós, xa que pasaron por el durante a noite convidados como Pedro Pascual ou Margarida Mariño, así como agrupacións culturais como Eidos, Aturuxo, Donaire, Cántigas da Terra, Xacarandaina ou Son D'Aquí, que non só puxeron música e baile, senón que tamén fixeron bailar aos milleiros congregados na plaza de María Pita.

Xabier Díaz e María Pita renden homenaxe a Arsenio Iglesias

Te puede interesar