Rubén López, centrocampista del Deportivo, compareció en rueda de prensa para analizar el comienzo de la pretemporada 2024-24, valorar su rol y sus posibilidades en el primer equipo y su evolución en la pasada campaña, donde consiguió hacerse un hueco en la primera plantilla desde el Fabril.
Regreso al trabajo:
"Tivemos un verán para desconectar. Disfrutei das miñas viaxes pero a volta sempre gusta sobre todo despois de conseguir o obxectivo. Con moitas ganas e ambición".
Tu papel en esta pretemporada:
"De primeiras véxoo como unha oportunidade para convencer a Imanol e poder seguir con el e tamén o vexo como un premio polo traballo que fixen na tempada pasada".
Evolución como centrocampista:
"Sempre xoguei máis atrasado nesa posición de '6', pero no fútbol hai variantes e o equipo necesitaba que xogase máis adiantado. Sempre que teña minutos nesa posición, encantado. Dáme igual xogar de '8' ou de '6'. Adáptome a todas as posicións, pero gústame máis de '6'".
¿En qué posición te gustaría asentarte?:
"Agora mesmo todo o mundo fíxase en Rodri. Gustaríame ser un perfil así como Rodri na selección e no City".
¿Qué perspectiva tienes de cara a tus planes acerca del primer equipo?:
"A miña idea nesta pretemporada é tentar convencelo para entrar nos seus plans para que me siga dando oportunidades. Aínda non tiven momentos para falar con el, pero a idea é que estea na dinámica dos adestramentos e despois xa se verá se conto para el para os partidos ou estou para o Fabril".
¿Los canteranos notan algo diferente respecto a la posibilidad de subir?:
"Agora mesmo adoitamos adestrar con xogadores da canteira para tentar completar os adestramentos. Si que creo que este ano estamos a ser máis canteiráns e mentres sexa así, mellor para a base e mellor para Abegondo".
¿Te motiva que todavía no hay fichajes para el centro del campo?:
"Podería dicirse que si. Tentarei seguir traballando para tentar gañarme un posto ou os minutos que me propoñan".
Si vienen pocos fichajes para tu zona, ¿por ti perfecto?:
"Para min si, pero se chega alguén vai ser para sumar e para mellorar o equipo. Se non vén, terei mais posibilidades para entrar no equipo".
Valoración del joven Pablo García:
"A pesar de que é bastante máis novo que eu, é un rapaz moi maduro e traballador. Que estea co primeiro equipo é grazas ao seu traballo e calidade técnica. Deséxolle moita sorte".
Valoración de Mario Soriano:
"Coincidín con Mario nalgún adestramento hai dúas tempadas. O pouco que puiden ver adestrando con el, é un xogador diferencial. É un reforzo que nos vén moi ben. Xa se viu esta tempada en Segunda. Encantados de que estea connosco".