A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Chema Palacios: "Ao Deportivo fáltalle un líder tan completo no centro do campo como era José Luis”
lll
17º-23º

A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Chema Palacios: "Ao Deportivo fáltalle un líder tan completo no centro do campo como era José Luis”

A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Chema Palacios: "Ao Deportivo fáltalle un líder tan completo no centro do campo como era José Luis”
Chema Palacios, co seu fillo Xabier cos títulos acadados polo Deportivo CEDIDAS

Usuario

(Transcripción de Armando Palleiro)

 

Empecei a seguir ao Deportivo na tempada 1962-63 cando tiña oito anos nunha promoción para non descender a Segunda División contra o Levante; desgraciadamente perdimos aquí no estadio de Riazor por 1-2 e non nos quedou outra que o descenso. 


O meu pai era un grande seguidor deportivista, como coruñés que era —naceu na fonte de San Andrés— e el inculcoume o sentimento branquiazul.

 

Eu de pequeno ía á grada de Especial de Nenos con amigos, o meu ídolo naqueles intres era Beci e eu formaba parte do grupo que foi coñecido como os nenos do ascenso, era un orgullo e comenteillo varias veces ao propio dianteiro.

 

Chema2


Actualmente teño o número de socio 584 do clube, hai anos que recibín a insignia de prata e levo moito tempo animando ao equipo en todas as categorías.


Para min ser do Deportivo é un sentimento difícil de explicar, de cero a dez é un dez; para min este equipo é todo, é o máximo, cando perdía o equipo e eu era máis novo nin comía nin ceaba.

 

Chema1


O crecemento do equipo na década dos noventa para min foi sensacional, unha alegría inmensa porque comezabas a codearte con equipos como o Madrid ou o Barcelona, foi algo indescriptible para os deportivistas de toda a vida. Xamáis imaxinei que chegaríamos tan alto. Penso sinceiramnte que se non chega a entrar Lendoiro no clube nunca tería sido posible este nivel de fútbol na Coruña.


Augusto foi a clave porque é un home que levaba mamando o fútbol dende os quince anos, non tiña complexos de ningún tipo frente a ningún clube. Os presidentes anteriores estaban arruinando a entidade. Cando chegou el había teas de araña nas arcas. 


Despois o propio Lendoiro tamén é certo que perdeu un tanto o control económico, pero bueno, polo menos deixou un legado espectacular.


Lembro con cariño especial moitas noites de Champions League como os triunfos ante o Bayern, o Arsenal, o Manchester United... Tamén os títulos de Liga e as dúas copas foron éxitos tremendos nos que estiven presente. 


Anteriormente disfrutei moito no partido do ascenso contra o Murcia cos tantos de Stojadinovic e tamén coas faltas inesquecibles que Agulló marcou ante o Recreativo de Huelva, con repetición incluida.


As peores lembranzas como seareiro do Deportivo foron o descenso a Terceira División e o primeiro a Segunda B no partido contra o Levante, cun erro descomunal entre Buyo e Richard. O único alivio deste ano foi que descendeu o Celta con nós a Segunda B.


En todos estes tempos seguindo ao Deportivo o xogador que máis me impactou foi José Luis, vaia pedazo de futbolista. Con el no centro do campo xogábamos fenomenal ao fútbol. 

 

Chema5


Actualmente ao noso equipo fáltalle un líder tan completo como el no centro do campo. Tiña capacidade para liderar a un equipo en solitario. Despois obviamente chegaron xogadores doutro nivel como Mauro, Bebeto, Djalminha... pero eu quédome con todo o que significou José Luis nos anos oitenta.


Grazas ao Deportivo puiden facer moitas amizades, eu traballaba nunha empresa a nivel de toda Galicia, polo que o tema futbolístico do Dépor era moi recurrente e sempre estiven moi orgulloso de defendelo ante adeptos doutros clubes. 


A miña familia era moi deportivista e teño a sorte de que o meu fillo Xabier herdou todo este sentimento, está comigo en todo o que fago relacionado co equipo, alégrame moito este feito. 


Nesta campaña estamos dando unha de cal e outra de area, fáltanos un líder no centro do campo, temos dous extremos como Mella e Yeremay que marcan a diferencia, tíñamos que ter un medio do campo máis rápido e áxil para conectar con eles e crear moito perigo, teñen un nivel de Primeira División.

 
Creo que este ano non temos equipo suficiente para loitar por outra cousa que non sexa a permanencia. Teríamos que facer unha segunda volta impresionante, de rachar con todo, para meternos en postos de playoff. 

 

 

A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Chema Palacios: "Ao Deportivo fáltalle un líder tan completo no centro do campo como era José Luis”

Te puede interesar