Diego Gómez, xogador do Deportivo B de 19 anos, celebrou a súa estrea co primeiro equipo ante o Cornellà o pasado sábado.
"Debutar co Deportivo foi o meu soño dende que cheguei aquí con 14 anos; é unha loucura o que o deportivismo sente polo seu equipo e así é moito máis fácil xogar", dixo.
Aínda que pasou un ano adestrando co Celta en categorías inferiores, o de Amoedo non agochou os seus sentimentos futbolísticos.
"O Deportivo foi sempre a miña primeira opción, desde neno sempre fun do Depor", engadiu.
Sobre os nervios antes de saír ao campo, Gómez precisou que os veteranos axudáronlle dando consellos. "Nervios tiven os xustos para que non me afectasen á hora de xogar", sinalou.
O atacante confesou que estaría "encantado de ir a Fuenlabrada co primeiro equipo ou encantado tamén se quedo co Fabril".
Diego tamén quixo tirar de retranca cando foi preguntado onde prefire xogar. "A miña posición favorita é onde me poñan", matizou.