"Eva simplifica todo o que queremos que sea este proxecto", explicou Kevin Cabado antes de dar paso á '7' deportivista. A arousana, con 23 anos, é a segunda xogadora con máis partidos en toda a historia do Deportivo, con 125. Unha cifra que seguirá crecendo, polo menos, hasta xuño de 2029.
Renovación: "É algo que me fixo especial ilusión, ver ese interese por parte do club para que eu continuase aquí. Son consciente de todo o que lle debo ao club. Cheguei con esa oportunidade de crecer e de desenvolverme nun contexto idílico. Tiña moi clara a miña postura, quero devolver a este club todo o que me deu, toda a confianza que depositou en min. Con esta renovación teño a oportunidade de consolidarme aquí. Estou moi contenta, moi ilusionada e, sobre todo, moi agradecida".
Sobre se tivo que pensalo moito: "Non o pensei moito, tíveno moi claro dende o primer momento. Esto é unha ilusión que sempre tiven".
Obxectivo da permanencia: "Témolo moi claro. Estamos traballando moito para alcanzar ese nivel que nos esixe a categoría. Persoalmente, sei da importancia que ten estar ben, poder estar ben para competir sempre ao máximo nivel".
Palabra 'Dépor': "O primeiro que se me vén á cabeza é, sobre todo, ilusión e compromiso. Creo que poder pertencer a algo como é esto, énchenos de ganas e de enerxía. O que é o Dépor xa o sabemos todas. Todas estamos con ganas de devolver todo o que nos dá o club".
Tropezo ante o Eibar: "Sobre todo por cómo se deu o partido e polo contexto do que foi, fómonos con esa sensación agridulce. Tamén é algo que temos que normalizar. Viñamos dunha racha moi boa e seguímonos atopando moi ben. Seguimos coas mismas ganas de seguir competindo e seguir rendindo. Estas cousas tamén veñen ben para darse conta de dónde estamos. Cada partido é un mundo e o Eibar tamén viña con ganas de quitarnos esa racha".
Real Madrid, próximo rival: "Con moitas ganas. Hay que ir alí e intentar sacar os tres puntos".
Fran Alonso sobre o Real Madrid: "O que nos conta tamén o sabemos nós. Temos que ir alí e facer un partido serio, ir a competir sen complexo ningún. Somos 11 contra 11. Sabemos que é o Real Madrid e que ten boas xogadoras, pero confiamos no noso plan de partido".
No masculino o Dépor foi durante anos unha pesadilla para o Real Madrid: "Algo teño entendido sobre eso, sí (risas)".