Máis de 450 atletas inscritos na primeira xornada en pista
lll
17º-23º

Máis de 450 atletas inscritos na primeira xornada en pista

Máis de 450 atletas inscritos na primeira xornada en pista
A pista do Palacio dos Deportes de Riazor xa acolleu en decembro unha exhibición de 400 metros no descanso dun partido do Leyma Coruña | Quintana

Usuario

Máis de 450 atletas están inscritos na primeira xornada mdo circuíto Coruña Corre en pista que se celebrará hoxe no Palacio dos Deportes de Riazor. É a primeira das seis probas que forman parte dun evento que non se disputaba desde 2018.

A xornada disputarase en horario de mañá (de 10.30 a 14.00 horas) e de tarde (de 16.30 a 20.30). Entre os inscritos figuran algúns atletas que estiveron esta fin de semana no Campionato de España de pista cuberta celebrado en Ourense, tales como Hugo Vázquez (Marineda Atlético) e Teresa Rodríguez (Riazor Coruña).

Outros atletas destacados serán Iago Jopia e Dani Salgueiro (Coruña Comarca). De La mochila del deporte destacan Paulo Fernández, Simón Lago e as compoñentes do equipo de campo a través, bronce no campionato de España sub-16 (Paula Vázquez, Cristina Mato, Carolina Delia Mera, Andrea Caínzos e María Vázquez).

Será unha xornada deportiva e festiva en pleno martes de Entroido. Ademais das catro entidades atléticas da cidade, e de deportistas do club Compañía de María, participarán Club Atletismo Sada, Fogar de Carballo, Narón, Ría de Ferrol, Rías Baixas de Pontevedra, Vila de Cangas, Atletismo Cuntis, Millaraio de Santiago, Atletismo Fene, Celta de Vigo, San Miguel de Marín, Atletismo Santiago e Viguesa de Atletismo.

As probas que forman parte do calendario son 50 metros lisos e valados, 300, 600, 800, 1.500 metros e os concursos de altura, lonxitude, triplo salto e lanzamento de peso. As probas abranguen desde a categiría sub-10 ata a absoluta.

O circuíto Coruña Corre en pista completarase con cinco xornadas máis que se disputarán no estadio universitario de Elviña nas seguintes datas: 9 e 23 de abril; 21 e 29 de maio e 18 de xuño. O Concello impulsou a recuperación deste circuíto que coorganiza xunto aos catro principais da cidade baixo a supervisión da Federación Galega de atletismo. 

Máis de 450 atletas inscritos na primeira xornada en pista

Te puede interesar