Lete Lasa felicita a catro integrantes do CB San Amaro
lll
17º-23º

Lete Lasa felicita a catro integrantes do CB San Amaro

Lete Lasa felicita a catro integrantes do CB San Amaro
A selección galega sub-17 conseguiu o título nacional, e a sub-15 o subcampionato | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, recibiu onte no Centro Galego de Tecnificación Deportiva aos rapaces e rapazas que veñen de acadar o campionato de España sub-17 e o subcampionato sub-15 no CESA 2021 celebrado en Huelva. Lete Lasa destacou o “excelente nivel do bádminton galego e o brillante futuro que auguran estes resultados dos nosos deportistas máis novos, unha mostra do excelente traballo que se realiza en Galicia no deporte base”.

O mandatario galego tamén lembrou a aposta decidida da Xunta por infraestruturas deportivas de calidade como o novo pavillón de bádminton proxectado para o CGTD.



Sub-17 e sub-15


Os sub-17 presentes no encontro co secretario xeral e que adestran no CGTD foron Rodrigo Sanjurjo e Nikol Carulla (CB A Estrada), Sofía Álvarez e Basilio Porto (CB AS Neves), Carlota Martínez (CB San Amaro) e Ana Nóvoa e Martín Iglesias (CP Athlos). Manuel Míguez (CB A Estrada) completou o plantel da selección galega.

No caso dos sub-15, participaron na recepción Alba Prada, Paula Noya e Mateo Rey (CM San Amaro), Iziar Barcala (CB A Estrada), Lia Illan (CB Cíes) e Manuel López (CB Athlos). Adrián Rodríguez e Iker Rodríguez (CB As Neves) tamén formaron parte da selección subcampioa.

Ademais, Lete Lasa subliñou o traballo dos técnicos e adestradores das distintas seleccións como Sara Ezquerro, Rubén Espinosa e Rafael Vázquez (principal adestrador do CGTD), así como o equipo técnico do propio CGTD completado con Manuel Brea (segundo adestrador), Adrián Cid (preparador físico), Iago Roel (psicólogo) e Brais Alves (adestrador de parabádminton).

Precisamente, Lete Lasa destacou o deporte adaptado como unha das liñas de actuación máis importantes que está a desenvolver a Secretaría Xeral para o Deporte como demostra que a delegación galega presente nos Xogos Paralímpicos de Toquio fose a maior da historia con 16 deportistas. Neste sentido recoñeceu o gran traballo de Ignacio Fernández, xogador de parabádminton que este ano reside no CGTD.

Cómpre salientar que o centro de tecnificación conta este ano con outros dous deportistas con discapacidade, os paracanoistas Elena Naveiro e Nicolás Martinez, acadando o número máis alto da súa historia. 

Lete Lasa felicita a catro integrantes do CB San Amaro

Te puede interesar