A Segunda que agarda
lll
17º-23º

A Segunda que agarda


Usuario

CHEGA UNHA NOVA ETAPA PARA O DEPOR, ca volta dos branquiazuis á Segunda División. Agora, a afección soña cun novo ascenso.


Pero antes haberá que pasar por unha categoría moi esixente. Corenta e dúas xornadas nas que en catro os rivais serán Granada e Almería, que acaban de baixar de Primeira. Tamén haberá dous derbis fronte ó Racing de Ferrol e, quen sabe, ó mellor tamén contra o Celta B. Non convén esquecerse dun vello coñecido, o Castellón... E outros que aínda non sabemos, ó estárense xogando ascenso ou permanencia.


De feito, todos os actuais participantes aínda non coñecen o seu futuro máis inmediato. E só quedan tres xornadas para que remate a liga regular. Mentres que na primeira categoría xa sabemos moitas cousas (non só dous descendidos, tamén o campión e os equipos que xogarán a Champions), na segunda a igualdade é total.


Por iso, o Depor pode acadar no vindeiro curso o que se propoña, pero sempre cos pes no chan. E, por riba de todo, chegando a ese derradeiro treito en boa forma.

A Segunda que agarda

Te puede interesar