En marcha as subvencións para clubs e equipamento
lll
17º-23º

En marcha as subvencións para clubs e equipamento

En marcha as subvencións para clubs e equipamento
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, nunha xuntanza con responsables do Atletismo Celta | aec

Usuario

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar no Diario Oficial de Galicia dúas convocatorias de subvencións para 2022, concretamente as referidas a clubs, sociedades anónimas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia, así como as destinadas á adquisición de equipamentos deportivos. Cómpre salientar ademais que, con só cinco días transcorridos deste 2022, xa están asinados 43 convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas, o 75% do total. Neste exercicio, os 58 convenios de colaboración acadan os 4,7 millóns de euros, o importe máis elevado desde 2010, dos que as federacións poderán desfrutar de xeito anticipado.


No tocante á orde de subvencións para clubs, terá un importe total de 2 millóns de euros, incrementando nun 4% a contía concedida en 2021 (1,92 millóns de euros). Ademais, estas axudas contarán cunha dobre liña de actuación, por unha banda, a destinada ao desenvolvemento de actividades deportivas, contará cun orzamento de 1,94 millóns de euros, mentres que a destinada aos núcleos de adestramento deportivo especializado terá un presuposto de 60.000 euros. No caso da primeira liña, a contía de axuda máxima por entidade beneficiaria será de 10.000 euros, mentres que, no caso da segunda será de 30.000.


Os gastos subvencionados corresponderán ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro do mesmo ano, debendo terse efectuado e pagado nese período. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no prazo dun mes desde hoxe.

En marcha as subvencións para clubs e equipamento

Te puede interesar