Un libro para medio século de historia verdibranca
lll
17º-23º

Un libro para medio século de historia verdibranca

Un libro para medio século  de historia  verdibranca
María Varela, Juan Copa, Inés Rey e Rubén Darío Rodríguez | Patricia G. Fraga

Usuario

A alcaldesa, Inés Rey, interviu onte na presentación do libro ‘Liceo: 50 años, 50 miradas’, escrito polos xornalistas María Varela e Rubén Darío Rodríguez sobre a historia do club deportivo coruñés.


“Este é un libro moi especial para todos os que vivimos en primeira persoa como o Liceo foi medrando e converténdose no club que é hoxe, sumando cada vez máis coruñeses e coruñesas a esa marea verde que tanto nos identifica” explicou Inés Rey.


‘Liceo: 50 años, 50 miradas’ recolle testemuños de medio cento de persoas sobre os primeiros 50 anos do equipo de hóckey sobre patíns, a través das 50 entrevistas realizadas polos autores entre as que se atopan históricos coma Antonio Pintor e Javier Chaver ou xogadores actuais dos planteis masculino e feminino como David Torres e María Sanjurjo.


“Fixemos unha viaxe apaixoante pola historia do Liceo e das vivencias e lembranzas dos seus protagonistas. Os autores, mais aló dos títulos e éxitos, quixemos profundizar nas claves do carácter e do espírito do liceo, o que lle fixo superar moitas adversidades e saír reforzado, e como ese ADN gañador se foi transmitindo de xeración en xeración” explicou María Varela, coautora do libro.

 

 

Catro bloques


As entrevistas están agrupadas en catro bloques que coinciden cos tempos dun partido de hóckey: quencemento, partido, prórroga e terceiro tempo. Cincuenta entrevistas para cincuenta anos de historia sobre o pasado, o presente e o futuro do club.


Juan Copa, adestrador do Hóckey Club Liceo, tamén acompañou os autores do libro a quen lle agradeceu compendiar todas estes testemuños sobre o club nunha data tan sinalada.


A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que por segundo ano consecutivo celebraron a vitoria do club na liga cunha recepción oficial e un encontro no Pazo dos Deportes de Riazor.


“Tamén este ano demos a benvida ao verán prendendo esa gran falla de San Xoán, unha imaxe que gardarei para o recordo e que nunca esquecerei, como tampouco todos os partidos vividos desde a bancada coa miña familia apoiando o Liceo. Un club que representa a toda a cidade e que nos fai mellores en cada partido, con independencia do resultado” sinalou a rexidora coruñesa.


Rematou agradecendo o traballo aos autores por “compendiar a historia do Liceo a través das miradas das persoas, porque ese é o verdadeiro espírito do club e da cidade”, concluíu. 

Un libro para medio século de historia verdibranca

Te puede interesar