Non pode negar Isabel Risco que tanto nos escenarios como no deporte é unha todo terreo. Nembargantes, o seu hábitat natural está no teatro, subida a unhas táboas ou ante as cámaras. A súa carreira como actriz levouna a gañar un premio Mestre Mateo á mellor interpretación de reparto na serie Era visto!. Nos terreos de xogo, o máximo que conquistou foi a cuarta posición da Liga Galega de rugbi cando eran tan só catro os equipos que participaban. Eso sí, sen faltar nunca ao terceiro tempo. Baile tradicional. Voleibol. Ximnasia deportiva. Rugbi. Fútbol gaélico. Vela. E surf. O deporte forma parte da vida da actriz e humorista Isabel Risco (A Coruña, 1975) aínda que agora tan só practique o que chama como bola de pímbol, ir de aquí para alá todo o día sen parar.
Deporte individual ou deporte de equipo?
De pequena, ademáis de baile tradicional, que xa é bastante deporte, porque é moito movemento e moito ritmo, bastante esforzo físico, facía voleibol e ximnasia deportiva no colexio. Aínda podo facer volteretas laterais. Empleábame a fondo nas clases e fai pouco veu a profesora a verme a unha función no Ágora. Pero o deporte que máis practiquei foi o rugbi. Xoguei once anos no Zalaeta.
Por que o rugbi?
Había rugbi na casa, meus irmáns xogaban, sobre todo dous de eles. Iso fixo que me fixara no rugbi, porque tíñao cerca, e unha vez que o probei por min mesma, gustoume moito.
En que posición xogaba?
Normalmente atrás, porque non teño moito volumen, son un pouco pequena. De ala ou de zaguera, na liña de apertura ou en xeral na liña de tres cuartos. Nunca de dianteira porque físicamente non son tipo armario.
A xente sorprendíase de que fixera rugbi precisamente polo seu tamaño?
A xente si que se sorprendía, pero precisamente o rugbi demostra que non hai límites en nada. É un xogo moi de equipo, moi colectivo, onde a rivalidade co outro equipo é tamén moi diplomática, porque ao final sempre hai ese convite, ese encontro entre os dous equipos, mesmo ese ritual, ou ese costume, de que quen perde paga. Iso xera unha percepción moi colectiva. E no rugby tampouco hai prexuízos, sabes? É decir, se ocupas pouco e non es moi voluminosa, estamos falando claro dese nivel de rugbi que non é profesional, as túas capacidades físicas, ou as túas características físicas, pasan un pouco por arriba. Eu tampouco era unha gran xogadora. Si que é certo que xogaramos a primeira Liga Feminina de Galicia e quedáramos de cuartas, unha posición que, aparentemente, pode parecer interesante, non é de terceiras, pero bueno, cuartas non está mal... Pero é que soamente había catro equipos, quedamos de últimas.
“De pequena fixen ximnasia deportiva, esforzabame a fondo e todavía podo facer piruetas laterais”
O rugbi precisamente é un deporte no que teñen cabida todo tipo de corpos. Serve para empoderar ás mulleres?
Creo que si. Físicamente non hai prexuízos, poden xogar ao mesmo tempo mulleres con pouca envergadura e outras máis grandes. E por outro lado, serve para a aceptación dos corpos, que cada quen ten o seu corpo e cada un é tan válido como o outro. É moi interesante, moi bo, e máis, cando temos que traballar moitísimo a respecto diso, sobre todo, as mulleres, moi afectadas por eses tipos de perxuízos. O rugbi valora as persoas, da igual como sexan.
Gustáballe máis xogar ao rugbi ou o tercer tempo?
Eu creo que o xogo para chegar ao terceiro tempo. Porque o terceiro tempo era moi guai, mola moito.
Segue practicando algún deporte na actualidade?
O último que practiquei hai uns anos, aínda teño a equipación por casa, foi a fútbol gaélico. Estaba no Cascarilla, que era un equipo mixto. Iso foi o último no que me impliquei a nivel deportivo e de equipo, que tamén teño que reivindicar os deportes de equipo, que me parecen moito máis interesantes polo compañerismo e o traballo en colectivo. Aínda que hai deportes individuais que me encantan como a vela, polo contacto co mar. E o surf, que tamén ten esa parte colectiva de compartir as ondas, o mar, todo o ritual. Agora o que fago é bola de pímbol, porque vou correndo dun lado para outro, pero iso non está aínda considerado un deporte.
Ese traballo en equipo que aprendeu do deporte tamén é necesario nos escenarios?
Eu dígolle ás alumnas e ós alumnos que o teatro ao final é como un deporte, primeiro, porque xogas en equipo, despois porque ten unhas normas que hai que aprender. E tamén hai que facer adestramentos, tanto físicos como mentais. Creo que ten moitas cosas en común. Precisamente por iso creo que se complementan, quero dicir, o aspecto físico do deporte tamén está presente no teatro, e o aspecto colectivo e de equipo tamén. No teatro, no audiovisual, se non hai ese equipo, nada se pode facer, o traballo non sae adiante.
Cal é o deportista que máis admira?
Pois a verdade é que nese aspecto non son moi fetichista. Pero sempre admirei a Eric Cantona, que tamén é actor. E tamén a Ana Peleteiro e Jessica Bouzas. Penso que é moi importante ter referentes femininos no deporte, porque as mulleres tamén temos que conquerir ese espazo e que as máis novas as teñan en conta. O desexábel sería que o foran tanto para nenos como para nenas.
Segue ao Dépor?
Fun socia durante moitísimos anos, desde os trece anos. Deixeino por traballo. Tocoume vivir os mellores momentos, co SuperDépor, pero tamén dos peores que viñeron máis tarde.
Que fixo cando gañou a Liga?
A míña mente nublou. Baixei ao campo, e tocar esa herba, e despois fun a fonte de Catro Camiños, e lembro non volver a casa hasta o día seguinte. Un día que nunca esquecerei.
Por que hai esa conexión entre o Dépor e a cidade?
O tema do Depor, supoño que igual en Vigo co Celta, é algo que está moi presente, moi arraigado, e como que é algo que vai unido as cidades, non? A parte que sexas máis ou menos futboleira, ou que teñas máis ou menos contacto e relación co fútbol, o Dépor está como aí.