Dobrete do Billardeiros Musicais de Ribadeo en Soandres
lll
17º-23º

Dobrete do Billardeiros Musicais de Ribadeo en Soandres

Dobrete do Billardeiros Musicais de Ribadeo en Soandres
Na proba feminina houbo pleno do equipo Ribadeo | LNB

Usuario

O campo Ponte do Sal de Soandres (A Laracha) acolleu a décimo terceira xornada da Liga Atlántica, na que competiron equipos de Lugo, Pontevedra e A Coruña.


A cita tíñase que diputar en Narón, pero trocouse de ubicación por problemas técnicos. En Soandres estivose mirando ao ceo pero puido xogarse. 


Na categoría feminina impúxose Genis, do Billardeiros Musicais de Ribadeo, por diante de dos compañeiras de equipo, Dorinda  e Aroa.


Na categoría masculina absoluta tamén houbo vitoria do club de Ribadeo. Félix foi o mellor, seguido por Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e de Eladio, do mesmo equipo. O gañador na categoría infantil foi Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña). Completaron o podio Kevin (APB-A Laracha) e Lucas (Cochiqueiros-Cerceda).


Os participantes agradeceron ao Concello da Laracha e ao APB Santa Marta a doazón dos trofeos e súa labor de difusión. O 11 de xuño terá lugar no compostelán campo de Castiñeiriño o Torneo Coroxa, no que competirám equipos federados e sen federar.
 

A vindeira cita da liga será o 28 de maio no Campo do Museo Melga (Ponteceso). 


 

Dobrete do Billardeiros Musicais de Ribadeo en Soandres

Te puede interesar