A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Daniel Amor: "Teño o número de socio 1.276 do Dépor e seguirei renovando ata que morra”
lll
17º-23º

A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Daniel Amor: "Teño o número de socio 1.276 do Dépor e seguirei renovando ata que morra”

A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Daniel Amor: "Teño o número de socio 1.276 do Dépor  e seguirei renovando ata que morra”
Amor, no campo do Chaves seguindo ao Deportivo CEDIDAS

Usuario

(Transcripción de Armando Palleiro)

 

Empecei a sentir o que é o Deportivo e a ir con regularidade ao estadio de Riazor de neno, con oito anos. O meu pai xogaba ao fútbol e aparte rexentaba a tenda de deportes Galisport na Coruña. El coñecía a moitos exxogadores do Dépor.


Non lembro exactamente o meu primeiro partido en Riazor pero a miña primeira grande experiencia alí foi o encontro famoso da derrota contra o Rayo Vallecano (1-2) na campaña 1982-83, tamén o primeiro grande disgusto porque tiñamos todo a favor para o ascenso a Primeira.
 

Con anterioridade tamén vin ao noso equipo xogar en Segunda B a inicios dos anos oitenta, era moi pequeno pero teño recordos do Dépor-Celta que xogamos en casa; esa Liga acabou co Celta como campeón e co Deportivo como subcampeón, polo que os dous equipos ascenderon a Segunda A.
 

IMG 20200214 204236

 

Actualmente teño o número de socio 1.276 e seguirei renovando ata que morra; a non ser que me pase algo realmente grave estarei como sempre co equipo. Non deixei de ser abonado nin siquera cando fun corresponsal de deportes de Onda Cero, momento en que tiña pase para ver os partidos de toda a tempada. 

 

Gardo a acreditación do ascenso ante o Murcia por ser un feito histórico que me tocou retransmitir en directo para Canal Sur Radio porque tiña opcións o Málaga de subir nese final de Liga.
 

A pesar de que teño un número de socio baixiño aínda podería ser menor porque comecei a ir ao estadio cun carné que lle daban ao meu pai por anunciarse coa tenda de deportes no estadio de Riazor; estiven dous anos así con este pase anual de fidelización. 
 

IMG 20240908 WA0000

 

Lembro que en 1987 coa chegada de Lendoiro comecei a ir ao fútbol cun carné personalizado co meu nome.
 

En todos estes anos que levo seguindo ao equipo houbo un xogador por enriba do resto que me cautivou, que foi Diego Tristán. Sen nengunha dúbida era un xogador fantástico, enamoroume dende os seus primeiros partidos, tiña unha clase excepcional.
 

Teño un partido grabado no subconsciente que foi a vitoria en Oviedo no estadio Novo Tartiere por 2-3, cun triplete de Diego na tempada 2000-01. Moitas veces vexo os goles dese partido e recoméndollos aos amigos e compañeiros da peña Al Sur de Riazor, á que teño o pracer de pertencer hai anos.
 

En canto a encontros inesquecibles se refire estaba no campo na Copa do Rei de 1995 e ese título foi unha tremenda alegría pero non puiden voltar despois do temporal por culpa dun exame.
 

No 2002 tiven a sorte de poder voltar ao Bernabéu para a final do Centenariazo e esa vitoria foi celebrada por todo o alto, atopei moitos amigos nas rúas anexas ao Santiago Bernabéu e nunca se me borrarán as facianas de satisfacción dos nosos.
 

Dani7

 

Os adeptos do Madrid, por contra, ían rumiando a derrota, eso tamén quedará na nosa historia para sempre, viviron unha grande decepción porque eran os favoritos.
 

O ascenso con Oltra tamén foi un día espectacular para min, así como tamén o vivido contra o Murcia nos anos noventa porque viñamos dunha época de moitos anos de penurias.
 

Os caprichos da vida leváronme a pertencer á peña granadina Al Sur de Riazor gracias ao último ascenso a Primeira no curso 13-14; cando eles fundaron a agrupación en 2013 fixeron conta de Twitter e eu tamén afilieime a esta rede social nesa etapa. Comecei a seguilos e eles viñeron a Coruña para o día do ascenso. 

 

Tamén coincidimos nas celebracións do día seguinte e trabamos amistade. Estiven na inauguración da peña en Granada, fomos ao partido en Los Cármenes e o pasamos moi ben.
 

Esta campaña o Deportivo está sufrindo demasiados altibaixos, hai partidos e intres nos que o equipo me gusta, fanche concebir esperanzas de que a cousa vai ir ben pero tamén houbo decepcións como a da segunda parte contra o Eldense. Creo que con Gilsanz no banco melloramos. Debemos pensar en que a salvación é o noso obxectivo principal. 

A MIÑA VIDA EN BRANQUIAZUL | Daniel Amor: "Teño o número de socio 1.276 do Dépor e seguirei renovando ata que morra”

Te puede interesar